Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Papa Francisco fronte ós problemas

lunes, 15 de diciembre de 2014
As palabras e actitudes do Papa Francisco fronte os problemas está sendo novedosa. Hai unha expectativa nova ante as palabras, as actitudes, os xestos, os testemuños e declaracións de intencións deste Papa. O Vaticano e a Igrexa en xeral tiñan e en parte segue tendo unha linguaxe propia, unhas actitudes específicas e un modo de actuar característico, tanto cara adentro como cara a fóra da institución. Hoxe miles de persoas, crentes ou distanciadas da relixión, aprecian as actitudes e comportamentos de Francisco. As recomendacións os bispos do Sínodo sobre a familia son un bo exemplo dese cambio. Que alcance ten esta mutación? Vai a transmitirse este movemento os banzos inferiores da pirámide eclesiástica?

As palabras: antes abstractas, formatos preestablecidos e simples alusións os grandes problemas concretos. Agora: linguaxe directa, inmediata, sincera, sintetizada nun reducido numero de frases. Certo que combina esta linguaxe mediatica do día a día coas formas tradicionais de documentos papais, mais cun novo léxico. Como exemplos véxase a preparación do Sínodo sobre a familia e as peticións que o Papa Francisco lles fixo bispos sinodais; e a postura clara e contundente ante a vergoña dos afogados no mediterraneo e ante as aterradoras guerras deste amencer do século XXI.

Os xestos e testemuños: Foi o primeiro que sorprendeu o gran mundo dos medios de comunicación, que teñen unha forma peculiar de aproximarse e analizar os grandes acontecementos; logo esas impresións, de forma máis sosegada, foi trasladándose o inmenso conxunto de fieis, de indiferentes e incluso de adversarios. Que o Papa rebaixe sustancialmente o seu estandar de vida de oropeis, títulos honoríficos e fachadas de luxo ten a súa repercusión, non só simbólica senón tamén real.

As declaracións de intencións: de tolerancia cero fronte a pederastia na Igrexa, a reforma da curia, a posible reforma do celibato sacerdotal, o afrontar directamente os problemas da familias especialmente dos divorciados e voltos a casar, promovendo a idea de "misericordia" máis aló da doutrina tradicional inamovible; e mirando cara o conxunto da sociedade, o respecto a determinadas formas de sexualidade e parellas de feito. En que vai a consistir en concreto esa nova misericordia? Velaquí unha proba transcendental.

Todos estes feitos de Francisco, como cariñosamente lle chama moita xente, reflicten unhas novas actitudes que, sen romper coas tradicións eclesiásticas, abren as portas ó mundo en termos máis positivos e respectuosos, sen que isto signifique aceptar sen máis as derivas actuais da sociedade e da cultura global. Aquí é onde está un dos puntos críticos de inmersión da Igrexa nas diversas sociedades actuais, sen que sexa fagocitada a orixinalidade da mensaxe evanxélica. Sempre pensei que as persoas podemos cambiar pero os personaxes non, porque se deben a unha estrutura mental e organizativa que apenas lles deixa marxen; mais Francisco parece moverse con tal liberdade que é unha clara excepción a esa regra.

O gran interrogante para o medio e longo prazo é discernir se esa nova dinámica se vai a transmitir e consolidar nos banzos inferiores das conferencias episcoais e nas dioceses. Nos crentes de base da Igrexa existe xa unha actitude de apertura flexible; mais, dada a estrutura piramidal da Institución, o punto crítico atoparáse no nivel dos bispos considerados individualmente e como conxunto. ¿Impulsará Francisco algún movemento significativo no nomeamento dos bispos, na organización do clero e dos laicos ó servizo do pobo crente e da poboación en xeral? Os retos son inmensos, en cantidade e cualidade; e para superalos é necesaria a boa fe e colaboración por parte de todos.
Fitando tanto cara a dentro coma cara a fóra da institución, a linguaxe de Francisco semella sincera, sempre o servizo da verdade, do sentido común sen máis revoltas. Servirá de exemplo contaxioso os grandes deste mundo? Servirá como modelo de rexeneración dos líderes relixiosos e políticos? Poucos modelos hai actualmente servibles, pero o do Papa Francisco é xa un dos máis acpetables desde o punto de vista da ética e da estética.
Pérez López, Xenaro
Pérez López, Xenaro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES