Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel Rodríguez López

jueves, 11 de diciembre de 2014
Feliz 80 cumpleanos, pai, gracias amigos

A pesar de deixarnos fisicamente hai case 25 anos, hoxe sentímoste presente 80 anos despois do teu nacemento en Paradela o 11 de decembro de 1934. Estás presente gracias ós teus amigos que posibilitan a difusión da túa vida e obra, únicas e irrepetibles, que soupeches transmitir nos teus poemas, narracións, crónicas e traduccións.

O venres, 19 de decembro, asistiremos un ano máis á entrega dos premios do Certame Literario de Paradela que leva o teu nome, e que xa leva 20 edicións baixo a impecable batuta do seu Alcalde, o noso amigo José Manuel Mato Díaz.

Dende hai case tres anos, os amigos Xulio Xiz e Antonio Giz de GaliciaDigital están a emprender innumerables iniciativas para dar a coñecer a túa vida e obra no marco do Proxecto Manuel Rodríguez López, incluidas a creación da túa páxina web, unha exposición itinerante que recorre toda Galicia, Catalunya e outros puntos de España e novas publicacións tales como unha Antoloxía Poética de Manuel Rodríguez López entre outras iniciativas.

Houbo moitas outras homenaxes póstumas, entre as que destacan o teu nomeamento como Lucense do Ano, Fillo Predilecto de Paradela e o teu recente nomeamento como Socio de Honor do Centro Galego de Barcelona.

Pero todo isto non sería posible sen o traballo e esforzo de verdadeiros amigos ós que agradecemos profundamente o seu apoio incondicional. En toda esta actividade de difusión da túa memoria, ademais do Concello de Paradela e GaliciaDigital, participan de xeito sobresaínte a Xunta de Galicia por medio do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a Deputación de Lugo co apoio inicial de Antón Bao e agora de Mario Outeiro, o concello de Lugo e a Real Academia Galega por medio do seu Presidente, o teu amigo e mestre, o catedrático D Xesús Alonso Montero, así como decenas de amigos que traballan activamente para que non se bote en olvido ó poeta de Paradela. Entre estes amigos atópanse, ademais de José Manuel Mato, Xulio Xiz e Antonio Giz, Xesús Mato, Xosé Manuel Carballo, Darío Xohán Cabana, Xavier Rodríguez Barrio, Angel Fernández, José Jesús Ramos Ledo, Alfredo González Vilela, Xosé Lois García, Iolanda Díaz Gallego, Manoel Carrete e moitos outros que facedes unha lista interminable.

Non todo o mundo ten a sorte de cumplir 80 anos en vida. Ti tela por partida doble, porque segues a estar entre nós a pesares da negra sombra, porque a túa memoria está chea de vitalidade e sobre todo por contar con verdadeiros amigos que fan posible a túa pervivencia no tempo.


(Santiago Rodríguez López é fillo do escritor Manuel Rodriguez López. Información sobre a vida e obra de Manuel Rodríguez López pode atoparse na súa web: http://www.manuelrodriguezlopez.org/).
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania