Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (11)

jueves, 11 de diciembre de 2014
Sindicato católico en Ladra. Quedou constituído a primeiros de agosto. Á súa fronte o párroco Ángel Fernández Rifón e para a súa presidencia o veciño Segundo Castro Pita. Na constitución formal houbo os seguintes actos: Pola mañá, misa e procesión. Pola tarde, na explanada diante da reitoral e ante numerosos labradores, discurso do catedrático do instituto de Lugo Feliciano González Ruíz. O orador destacou a importancia das asociacións agrarias presentándoas como continuidade dos antigos gremios. Tamén expuxo as vicisitudes oficinescas polas que tiveron que pasar para poder legalizarse e argumentou contra da desconfianza para asociarse. Asinaron a acta de constitución varios veciños e convocaron a primeira reunión xeral para o 10 de agosto.

Nuestro reloj de torre. «El Eco de Villalba» 6 de setembro de 1913.
...Siendo alcalde D. Andrés Basanta en el año de 1892, se mandó construir a la casa Paul Odobey, de Morez du Jura, este hermoso reloj por el cual se presupuestaron cuatro mil pesetas, incluyendo una campana de 33 arrobas y gastos de instalación. La campana que suena los cuartos es la que tenía el antiguo reloj, y fue fundida en 1695. Dícese que el antiguo reloj fue desechado de la puerta del dique de Ferrol a principios del siglo pasado; y se supone que su fabricación sea de la misma fecha de la campana,... La campana grande fue fundida en Mondoñedo en el año 1893 por el campanero Sr. Blanco; pesa 33 arrobas y costó seis mil reales. El reloj actual es de una sólida y elegante construcción y goza de todos los adelantos modernos.

O San Ramón de 1913. Celebrouse con grandes fastos entre o 31 de agosto e o 3 de setembro. Como de costume houbo oficios relixiosos, veladas, paseos, concertos da banda e actuación dos gaiteiros «Os Celiñas». Incluíuse unha festa da flor. O día 2 celebrouse a tradicional xira en Penas Corveiras e ás seis da tarde organizouse unha espontánea carreira popular a Vilalba por mor dun inesperado torbón que fixo caer grandes cantidades de auga. O día 3 tivo lugar o concurso de gandos con importantes premios, para vacún e porcino, en distintas categorías.

«Unión de San Simón y Samarugo». Acaba de constituírse na Habana esta sociedade «de instrucción, recreo y expansión». A noticia xa fora adiantada polo apreciado conveciño don Ángel Rego. Presenta como obxectivos a unión das dúas parroquias, a protección mutua e o fomento do ensino primario. Para esta finalidade hase construír un edificio para as dúas parroquias coas condicións necesarias e en lugar céntrico. Forman a directiva: presidente, Jesús Rouco Cortiñas; vice, Jesús Otero; secretario, José Ma Fraga; vice, Antonio López Graña; tesoureiro, Santiago Prieto; vice, Jesús Cillero Camba; vocais, José Ma Seijo Lafuente, Jesús Cuba Restrebada, Antonio Yáñez Fraga, José Gacio García, José A. López Ramudo, Avelino Yáñez Castro, Jesús González Cortiñas, Ramón Díaz Funcasta, Manuel García Trastoy e Ramón Barro Polo; suplentes, José Cortiñas Insua, José Díaz Darriba, Ramón López Fernández e José Pérez Seijo.

A marcha das obras do hospital. Na sesión da Comisión Executiva do 4 de setembro ponse en coñecemento dos seus membros que o contratista que debía acabar os traballos de albanelería, Maximiliano Paz Felpeto, mostrou a súa protesta porque o subministrador da madeira non entregaba o pactado, nin en forma nin en tempo. Á vista do asunto autorízase ó presidente para que faga as reclamacións procedentes, mesmo xudiciais se fose necesario. Manuel López Arias comunica que recibiu da sociedade «Unión Villalbesa» un primeiro envío de fondos por valor 417,50 pesos con destino ás obras. A Comisión mostra o seu agrado.

Noticias da Deputación. «El Eco de Villalba» 18 de outubro de 1913. En sesión celebrada el 3 de los corrientes, la Comisión Provincial de la Diputación de Lugo acordó realizar por administración las obras de reparación del puente «Magdalena» emplazado en la carretera de Vilalba a Camposa de Foxo de Penamayor.
O Hospital asilo de Vilalba (11)
«Progreso de Lanzós». «El Eco de Villalba» de novembro destaca en portada información e un retrato da directiva de «Progeso de Lanzós». Dísenos que se constituíu hai catro meses; que ten como obxectivo principal o de facilitar a instrución gratuíta a nenos e nenas de Lanzós; que xa conta cuns mil pesos de capital e que se xuntaron outros douscentos cincuenta pesos para converter o «Campo de San Pedro» nun fermoso parque. A directiva celebrou un xantar de acordo co programa que segue: Ás once inmortalizaron o evento cun retrato de familia na afamada casa de Ramón Carreras. Ás doce foilles servido un xantar «estilo Lanzós» no restaurante de Juan López e a sobremesa rematou cun emotivo discurso do presidente da sociedade, señor Cosme Sacido Ramil. Rematado o xantar todos os membros foron xogar á billarda. Ás seis da tarde foilles servíronlles unha merenda no campo que lles facía recordar as do Carme do idolatrado Lanzós. Deron boa conta das viandas e reinou franca alegría e bo humor. Entonaron cantos típicos da terra sen que faltasen alalás nin aturuxos.

O Hospital asilo de Vilalba (11)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES