Pornointernet
Editorial - viernes, 24 de febrero de 2006
Nunca deixaremos de denunciar ós infames. Que hai moitas clases, pero no podium merecen estar os que disfrutan, comercian ou difunden pornografía infantil a través da Rede.
Que se Internet naceu con fins militares, moi axiña demostrou as súas bondades en tódolos terreos da actividade humana, sen excepción que se saiba.
Gracias a Internet existimos. Gracias a Internet temos conexión con todo o mundo. Neste momento e neste caso, o mundo formámolo vostede e nós.
É sabido que todo o que serve para o ben, tamén pode ser mal utilizado ou utilizado para o mal. Porque o que está plenamente aberto, plenamente libre, é tamén directamente asequible para quen ten o corazón mouro e carece de alma humana.
As novas sobre pornografía infantil sucédense a cotío, dando idea dos numerosos que son os pederastas teóricos, e o grave dunha enfermidade persoal que se evidencia contaxiosa en extremo.
Como case todo o que neste terreo se fai é froito das investigacións que os organismos competentes fan na Rede para limpala deste execrable lixo, nada hai máis que dicir que recoñecer o labor que se efectúe, e animar ás institucións nun traballo que nos beneficia a tódolos que temos que ver con Internet, pero especialmente beneficia á sociedade por facer tábula rasa de canto se detecte en relación con este noxento asunto.
Usemos a Rede para o comercio ou para o lecer, para a formación e a información, para a conexión de persoas ou países... pero manteñámola limpa dese lixo infame que avergoña a tódolos internautas.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora