Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Sr. do Lérez

miércoles, 10 de diciembre de 2014
Desde o Preguntoiro: O Sr. do Lérez

Sempre que falan imbecilidades os presidentes deste país, sempre o fixeron a milleiros de quilómetros. Estes días en México no III Foro da Comunicación o Sr. Presidente Rajoy, este cacho de plasma, advertiu de que: “sería un grave erro calquera rectificación das reformas que está a facer, sendo un dos países que máis crece na zona euro”. Ou sexa, non hai máis alternativas que a deste Sr. do Lérez. Ou eu ou o caos.

Realmente o deste noso presidente vai de faruleiro, debe ter uns asesores que só lle pasan a man polo lombo e nada sabe do que está pasando neste esperpéntico país. Por favor, cálese Sr. Presidente, pois está chegando a un momento que xa non podo resistilo, Vostede tenme do nervios ao borde do abismo. ¿Que carallo de delito cometemos os cidadáns de ben para merecer un xefe de goberno así?. Vostede ten nestes intres a un 80% dos españois que xa non confían nin na súa sombra, nin no seu goberno. O seu goberno ven sendo o peor da historia da “democracia” en España (os houbo malos) pero malo como este non pode existir ningún. Nalgún momento de lucidez, darase conta que nada fixo contra a corrupción. O realmente grave é que existe unha morea de medios de manipulación e de “periodisturbios” cos seus “tertulianos” das mentiras que lle dan visibilidade e cobertura que ata vostede mesmo mesmo chega a crer. Que pouca vergoña, que descaro e que discapacidade temos que aguantar. Sempre vai contra corrente ao querer facer crer ao cidadán que todo vai ben.

Agora lémbrome daquelas palabras que me dixo un grande amigo meu, curmán de Mariano, cando gañou as eleccións., un curmán (gárdome o seu nome) que o coñecía moi ben: “non sabedes todos vos a que nos caeu, temos catro anos de inferno e sufrimento”. ¡Aleluia! Sr Rajoy.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES