Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

EXODUS dos Vilares

jueves, 11 de diciembre de 2014
En tempos de gloria para o cinema galego coa recente estrea da Esmorga, a parroquia dos Vilares, protagonista este ano de varios audiovisuais polo ano de Díaz Castro, da autoría de Marcos Nine, Xosé Antón Cascudo, varias curtas de proxectos e algunha outra dos escolares, a remasterización do precioso documentario de Xulio Xiz e a próxima estrea do filme de Cibrán Tenreiro, Os Vilares mantén relación agora con grandes superproducions de Hollywood.

Estase agora coa estrea.mundial de EXODUS, do laureado Ridley Scott e co oscarizado Christian Bale de protagonista. E preguntaredes que ten que ver eso cos Vilares...

Exodus foi rodada en parte en Andalucía e os carros para centos de extras, os centos de apeiros de labranza foron aportados polo anticuario das Reixas, Xacobe Castro e os seus fillos, Juanra e Jaki, este último a punto de presentar o seu traballo poético Delta.

Os de Xacobe co seu espíritu trapeiro, innovador e inquedo amosan así a universalidade da aldea, igual que Díaz Castro e a capacidade dos galegos de ser competitivos neste mundo globalizado acreditando no propio.

Así como estamos orgullosos da Esmorga e de todo o que se faga desde aquí, sexa grande ou pequeno, para Os Vilares tamén será unha honra ver EXODUS sabendo que a parroquia está moi presente ao longo de todo o mundo co que sempre soubemos facer, carros e ferramenta de traballo, antes e sempre... Trapeiros da dignidade.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES