Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Belén de Begonte

lunes, 08 de diciembre de 2014
Para todos os que temos relación con esta iniciativa que agora cumpre 42 anos, foi unha ledicia, un orgullo, e unha responsabilidade abrir oficialmente un novo e especial tempo de O NADAL EN BEGONTE – O Nadal en Begonte dura prácticamente dous meses cada ano- no que cobra vida de novo un conxunto de figuras que significan o latexo dun pobo chairego ao que responden en latexos concordantes máis de corenta mil galegos cada vez que abrimos as nosas portas.

Hai moito tempo díxose que este era un Belén para nenos, e para todos os que souberamos sentirnos como nenos. Hoxe podemos decir tamén que é un Belén para amigos, porque diante del todos nos sentimos amigos de Begonte, e comulgamos cos sentementos fraternos que inspira esta instalación que naceu pola feliz conxunción dos desexos do Crego de Begonte, José Domínguez Guizán, e do artista creador, José Rodríguez Varela.

Daqueles “inquedos armadanzas”, que dixo Fiz Vergara Vilariño, que tamén afirmou que lograran facer de Begonte “unha lanzal Galilea, máis galega e máis fermosa”, quédanos hoxe a súa magnífica obra, e garimosas presencias.

No caso do cura párroco, que nos deixou en 1986, a conexión perfecta é o seu continuador, seu irmán Jesús, tamén crego de Begonte; e en canto a ao artista creador, José Rodríguez Varela, Joselín, que nos deixou en 2010, están sempre connosco a súa viuva, Pilar Gómez, e os seus fillos, Pilarita e Josiño.

Nestes corenta e dous anos, de acordo cos cálculos que vimos facendo, terán pasado por Begonte algo así como millón e medio de persoas… E foron pregoeiros corenta e tres amigos do Belén: bispos, arcebispos, un que hoxe é Cardenal, escritores, xornalistas, profesores, filósofos… Cando cumprimos vinte anos, foi pregoeiro o noso paisano e Presidente, Manuel Fraga Iribarne… Agora, que cumprimos 42, o pregoeiro amigo foi o galego -primum inter pares-, Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que por acordo do goberno que preside, ademáis, ven de agasallarnos coa declaración oficial de Festa de Interese turístico galego.

Ledicia, orgullo e responsabilidade, sentimos nun momento así… E cando nos parecía que o aspecto turístico era no que menos nos tiñamos fixado ata o de agora, descubrimos que o noso fundador, Don José, dixo hai máis de catro décadas: “Este Belén era algo ao que viña dándolle voltas na miña mente facía moito tempo. Algo que chamase a atención, que obrigase a acudir a Begonte, que nos distinguira como pobo, pero que tamén respondese ás inquedanzas do meu Ministerio, que fomentase a relixiosidade e representase axeitadamente a grandeza do misterio”. Don José, hai 42 anos, apreciou o interese turístico desta iniciativa, ademáis do interese relixioso, social e cultural.

E como falamos de “Begonte do Belén”, en afortunada definición dos alumnos do Instituto Santa Catarina de Mondoñedo, que como tal bautizaron a este pobo hai moitos anos, invítovos a todos a visitar este Belén, froito do entusiasmo, sempre mozo, sempre novo, a pesar de ter xa corenta e dous anos.

(Xulio Xiz é Vicepresidente do Centro Cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén Electrónico de Begonte).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES