Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Labrador

jueves, 05 de septiembre de 2002
Encurvado o carrelo
sobor do arado roman,
manexando o seu temón
con ruda e forte man.
Pola terra,a ceo aberto,
traballando sen acougo,
chovendo, folepeando,
con frío ou calor,
o seu corpo dobregado
cuberto de suor.
Fende a terra o labrador,
en sucos fondos e dereitos,
pra face-la sementeira
e conqueri-lo seu sustento.
Fende a terra por el amada,
sen ferila, sen danala,
nas serras,
nos fondais,
nos outeiros
e nos vales.
A súa pel engurrichada
e curtida polo vento,
non é este o tormento
que lle fai sufrir.
É o fuxir dos seus fillos
á percura do traballo
que eiquí non é ollado,
polo que tiveron que emigrar.
Este é o seu pesar,
o máis fondo e tristeiro,
e non o traballar
encunchado todo o tempo.
Vila, Pedro
Vila, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania