Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Neve

miércoles, 22 de febrero de 2006
Seguen a afectarnos os elementos incontrolados e incontrolables. Neste caso, a neve.

Cando parecía que as prediccións meteorolóxicas eran -como nos parecen case sempre- esaxeradas, prodúcese a anunciada nevada cos conseguintes pobos aillados, cortes de enerxía eléctrica, nenos sen clase, e dificultades na comunicación. ¡Un caos!.

Na montaña oriental de Galicia, ningunha novidade. Parece case un xogo de nenos.

Hai anos, cando nin había prediccións meteorolóxicas, nin máquinas quitaneves, nin telefonía sen fíos (estamos a falar de hai trinta anos, por exemplo), unha situación así na montaña era do máis normal.

En canto empezaba a tempada de inverno, coa primeira nevada caída, Pedrafita quedaba con cadeas, pechábase o Porto do Poio, e a invernar.

Podían ser un, dous, tres meses de peche absoluto onde nas casas non había máis que facer que procurarlle ó gando os seus alimentos, e vexetar os humanos sen máis preocupación que manter as constantes vitais.

Se alguén morría, o funeral e enterro podían esperar. Se alguén enfermaba, non había máis remedio que esquecerse do médico ou intentar unha aventura na neve. Normalidade absoluta.

Neste tempo de avances e progreso, un día de neve significa o colapso da nosa existencia, tan dependente do exterior e dos demáis.

Melloramos na técnica, nos servicios. Evolucionamos cara á indefensión, por cada vez dependemos menos de nós mesmos e máis dos servicios que se nos prestan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES