Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O hospital asilo de Vilalba (10)

jueves, 04 de diciembre de 2014
Ano 1913
O exterior

Velada Antoniana. Celebrouse o pasado 29 de decembro unha velada literaria moi concorrida e os seus protagonistas demostraron excelentes calidades dramáticas. Na mesma revelouse como poeta o mozo José Cacharrón López.
O hospital asilo de Vilalba (10)
O crime de Fontefría. O horrible crime sucedido o 21 de maio de 1911, xa foi xulgado. Na Audiencia de Lugo foron tres os acusados. Durante o xuízo sucedéronse varios incidentes non ben explicitados. «El Eco de Villalba» de 31 de xaneiro dá conta do que ditaminou o xurado popular: Encontrou culpable ó principal acusado, Bautista Roca Felpeto, de derribar ó chan, de atropelar coa egua e de dispararlle cinco tiros, dos que morreu, á vítima, Angel Castro Cabarcos. Encontrouno culpable tamén de buscar a noite e o descampado para o crime. Sen embargo non o encontrou culpable de premeditación. Foi condenado a máis de Dezasete anos de cárcere. Os outros dous acusados foron absoltos. O veredicto ocasionou non poucas controversias e discusións. Nada se dixo nin se ditaminou sobre o terrible aspecto que presentaba o defunto, que aparecera esfolado. Pero como xa se dixo, este crime foi máis alá dos xulgados. Comentarios e faladurías, mesmo inimizades, estendéronse por toda a comarca.

As obras do hospital. A sesión da Comisión Executiva do 11 de febreiro deixou constancia de ingresos e gastos. Ata final de 1912 recibíranse contribucións por un total de 15.774,45 Pts e houbera gastos por 10.720,05 Pts. O remanente eran 5.054,40 Pts.
Contratáranse 1.300 pezas de canterías das recoñecidas canteiras de Carballido. Parte delas xa estaba recibidas. Acordouse continuar coas obras axiña que mellorase o tempo. Tamén se acordou mercar un vagón de cal e iniciar o procedemento para contratar as vigas para piso, faio e cangado. Á sesión asistiron como delegados da «Unión Villalbesa y su Comarca», Manuel López Arias, Santiago Mato Vizoso e Crisanto Puentes Guerreiro. Recoñécense os méritos da filantrópica sociedade cubana. Parece que na colonia vilalbesa de Bos Aires reina o entusiasmo e hai interese para reunir fondos co obxecto de axudar a tan caritativa obra.

Antroido en Vilalba. Celebrouse no mes de febreiro. Foi moi celebrado o disfrace de aviador do señor Sánchez que se reproduce en «El Eco». A comparsa «Los Trovadores» tivo o xesto de enviar para as obras do hospital as 25 ₧ de superávit que obtiveron.

† Domingo García Gesto. Morreu a finais de febreiro este médico e membro da Comisión Executiva. O seu estado debía preocupante no último mes, porque asistía con puntualidade ás reunións da Comisión Executiva e na última non consta a súa presenza.

Vilalba en Cuba. O pasado 22 de decembro os vilalbeses celebraron unha xira nos xardíns da «Tropical». Ramón Eymil, presidente da sección de propaganda da «Unión Villalbesa y su Comarca», estaba á fronte da organización. Ás doce serviuse o xantar que viña sendo tradicional: xamón de Santaballa, salchichón de Samarugo, lacón de Lousada... Ocupou a presidencia Cosme Sacido Ramil en substitución do presidente, Agustín López Arias quen, por estar de loito, non puido asistir. Juan Álvarez, excuente discurso en lingua galega. Foi moi ovacionado cando dixo: “En Vilalba a medida é grande e, polo tanto, os fillos de Vilalba teñen o corazón grande e non saben facer máis que cousas grandes; bo exemplo é que souberon colocar a súa sociedade a máis altura que todas as demais da súa clase”.
Tamén pronunciou unhas palabras o presidente da «Liga Santaballesa» e segundo vicepresidente do Centro Galego, José Paz López: “Villalba tiene historia, tiene un pasado de heroísmo y luchas por su libertad. Unámonos todos en pro de un ideal de redención y progreso, y no dudéis que conseguiremos para nuestro pueblo nativo un porvenir glorioso”. Foi moi aplaudido. Fixo un resumo do exposto o señor Cosme Sacido quen ademais agradeceu a asistencia dos presentes.

Festa da árbore. Continuábase celebrando esta actividade lúdico lía nos estandartes que lucían os nenos nos actos celebrados: “Los árboles mejoran el clima. Amad a los árboles. En los árboles se respeta la naturaleza. Los árboles purifican el aire. Los árboles son el adorno mejor de la tierra. La fiesta del árbol es un acto de cultura...”

«El Vigía Villalbés». «Por tu prosperidad, Villalba, vigilaré constantemente» Así rezaba este xornal que viu a luz por primeira vez o 1 de febreiro de 1913. Coñecemos poucos exemplares desta publicación. Sabemos que aínda estaba activo en outubro do ano seguinte, pero descoñecemos cando desaparece definitivamente. No número un propón ós lectores un concurso para declarar cal é a moza vilalbesa máis fermosa, a máis elegante, a máis simpática... A idea foi recibida con certo sentido do humor e non ausente de comentarios irónicos.

Altar para O Freixo. En marzo é noticia de que se está construído na carpintería «Fillos de Guntín» un altar de estilo oxival con destino á igrexa do Freixo. Será decorado polo artista E. Chanot.

Madeiras para o hospital. O 16 de marzo asínase o contrato con Francisco Villares Chao, veciño de Sancovade, para o subministro de madeiras con destino á cuberta do hospital. O lote formábano:
-Trinta vigas, vinte de castiñeiro e dez de carballo de 8,60 x 0,30 x 0,25m;
-Trece pares de tesoiras de 5 x 0,25 x 0,15m;
-Catro tiradores de 7 x 0,25 x 0,20m;
-Catro pontes e catro cantoneiras do longo que se precisen e de 0,25 x 0,20m;
-As carreiras do longo preciso e de 0,20 x 0,15m;
-Os cangos para o teito que terán o debido longo e grosor neste tipo de obras;
-Setecentos pontóns.
O prezo total: 4.750 Pts.
Con este impulso ás obras, xa parece próximo o final da estrutura exterior do edificio.

Donativo da Arxentina. O presidente da Comisión Executiva informa que se recibiron da Arxentina 1.928,03 Pts, importe da recadación que se levou a cabo. Na mesma tomaron parte moi activa Francisco García Olano e José Ramón Lence, este último director do xornal «Correo de Galicia» de Bos Aires.

Juventud Antoniana. A finais de marzo visita esta asociación o padre Buide para celebrar unhas conferencias relixiosas. Véxase máis adiante o recordo fotográfico da súa visita; mozos e mozas por separado.
O hospital asilo de Vilalba (10)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES