Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saqueo dos Fondos de Pensións

jueves, 04 de diciembre de 2014
Desde o Preguntoiro: Saqueo dos Fondos de Pensións


O Goberno volveu a meter a man no peto das pensións outra vez máis. Dispuxeron de outros oito mil millóns do Fondo de Reserva da Seguridade Social para facer fronte ao pago da extra de nadal.

Este Fondo de Reserva das pensións, xurdiu no ano 1979 como consecuencia do Pacto de Toledo entre todas as forzas políticas e sindicatos, pois era unha garantía das pensións futuras, ata que no 2012 coa chegada do PP comeza o saqueo con sete mil millóns, 2013 foron xa once mil millóns e neste ano xa está en catorce mil millóns, onde queda o fondo por debaixo dos 42.000 millóns de máis de sesenta e cinco mil millóns que tiña a Reserva.

Os medios de información deste país falan que todo é marabilloso. Porén os xornais estranxeiros comentan que estamos ante a maior estafa da historia de España e quizais de Europa. O xornal económico alemán Deutche Wirtchafts Nachwischten comentaba que: “o saqueo dos fondos de pensións convertidos en bonos de España, especula co diñeiro dos xubilados co resgo dos seus aforros”. O The Wall Street Journal ía moita máis aló: “que o saqueo do Fondo de Pensións por parte do PP están baleirando en silencio e con nocturnidade para realizar pagos de emerxencia. Pero o mais contundente foi O Financial Times cando pon a Mariano Rajoy como un “político provinciano” e ao Sr. De Guindos como” “o peor ministro de economía de Europa”.

Ou sexa, o diñeiro dos xubilados estase usando para mercar débeda pública. Falando claro, o 97% do fondo o utiliza para mercarse a se mesma a débeda. Este saqueo o fan para encher o bandullo da banca, sendo estes o que máis lles interesa que non haia ningún diñeiro no Fondo de Reserva para eles negociar con fondos de pensións privados. Un negocio redondo apoiado por estes desalmados que nos gobernan.

Este son os grandes xestores da economía, os que ían a levantar este país, os que critican aos parados e de que viviamos por riba das nosas posibilidades. Van deixar a este país como o deserto do Sahara.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES