Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Choiva que apoza

miércoles, 03 de diciembre de 2014
Acostuman os políticos a afirmar que a súa vocación –ou profesión- é das máis nobles que unha persoa pode desempeñar, porque se trata de servir á colectividade, á xeneralidade das xentes, de traballar para solucionar os problemas de todos, especialmente dos máis humildes e necesitados.

E teñen razón na teoría, que efectivamente esta é unha función nobilísima na súa base, e non houbo neste país -desde que se abriron as portas da liberdade- xente máis necesaria que os bos políticos para construir o futuro.

O malo é que é moi difícil escoller entre todos os que se dedican a esta nobilísima función por vocación de servizo e os que buscan un lóxico acomodo económico compensatorio dos seus esforzos, e dentro destes últimos os que abusan da súa situación de privilexio en calquera das múltiples formas de aproveitamento privado dos bens e das funcións públicas.

Estamos en época de choivas… e cada día chóvennos noticias de operacións xudiciais e policiais, como se un universal diluvio de podredume invadise as nosas pituitarias e anegase o esgotable depósito da nosa fe e das nosas esperanzas.

Esa choiva apoza, porque non escorre en tempo e forma, e unha choiva xúntase con outra… e chove na casa do probe, como quería o poeta, e “nos nosos corazóns” tamén chove.

E coa que está caendo, temos a casa sen amañar polo que a economía se refire. E polo tanto, polo que ao traballo se refire. E, polo tanto, polo que ao futuro inmediato de todos nós se refire, especialmente os que non teñen un posto de traballo no que gastar todas as enerxías que nos desbordan.

Mentras tanto, en Cataluña xogan coas cousas de comer, como se así quixeran esquecer os outros problemas. E na política hai quen coida que pode amañar o tema, e medra o número dos que temen a Podemos, por se non son inocentes como din, e non contan todo o que queren facer.

Se Podemos dixera todo o que quere facer, serían os únicos sinceros entre as forzas políticas que ata agora veñen practicando aquela máxima de Tierno Galván de que “os programas son para non cumprilos”. E mentras tanto, chove lixo… segue caendo lixo. E temos que decir que chove.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES