Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paco Carballo: respectaremos as túas ideas

martes, 02 de diciembre de 2014
O sábado, 29 de novembro, morreu Francisco Carballo, na residencia da Orden dos PP. Paúles, da que formaba parte, en Santa Marta de Tormes, nas aforas da Salamanca capital, onde ben tratado, enxergaba a mirada cara súa Terra.

Carballo era oriundo de Ourense, e exerceu o seu oficio relixioso varias décadas en Galiza. Coñecín a Carballo nunha romaxe en Galiza polo comezo dos anos oitenta, era unha romaxe das atípicas, reivindicativas, nacionalistas, libres. Francisco era un produto da ilusión promovida polo concilio Vaticano II. Escoitaba alí o seu relato vivo, casi apaixoado, pero , por algunha razón, había medo entre as xentes que estabamos. Ao remate do discurso, unha señora berrou-lle “choraremos por tí se te prenden”, a resposta de él non se fixo esperar: “¡¡¡Non choredes, coño, peleade!!!”.

Pareceu-me interesante o persoeiro, e din en ler as colaboracións en A Nosa Terra , e La Iglesia en la Galicia contemporánea 1931-1936 escrito xunto con Alfonso Magariños, editado no 1978. No 1981, por un dos párrafos da súa Historia de Galicia, foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e 20.000 pesetas de multa. Eso foi só o comezo. Os seus análises eran clarísimos e ben argumentados, era un referente como teólogo e como historiador.

De algunhas persoas que apreciamos, ainda que elas non o saiban, cremos que non se van ir nunca. Eso me pasou. No ano 2012 presidiu, en Vigo primeiro e pouco despois en Ourense, a mesa de presentación do meu estudo Los curas contra Franco, non parecía que tivera a idade que tiña. Meses máis tarde soupemos que o levaran, por enfermidade, para Salamanca.

Non tardamos en ir ve-lo, Anxo F. Currás e eu, a Santa Marta de Tormes, padecía a enfermidade pero todavía non estaba vencido, recibiu-nos ledo e demos un paseio polos xardíns, falando do divino e do humano, como tiña que ser. Foron dúas horas deliciosas, e retornamos contentos por ve-lo a él así.

Quedamos en mandar-lle un libro recén aparecido. Así o fixemos mais él non deu acuse de recibo.

Namáis poidemos facer-lle tres visitas. Na segunda detectamos unha pérdida de atención, pero cando lle preguntamos se recibira o libro, explicou-nos : “Recibín, sí, tiña que contestar, pero (mantuvo un silencio elocuente) pero non o fixen”. Non quixo baixar ao xardín, e estivemos sempre na mesma sala.

A última visita, hai un mes, foi dura. Sentados aorredor da mesa da sala de visitas, notamos que había momentos que se paraba, como se se tratase dun reloxio que vai agotando a corda, e para uns segundos, nos que non se sinte nada, nen o máis leve tic-tac, entón , Carballo ficaba os ollos en nós, e permanecía como un retrato sen decir palabra. Ao cabo, deu-se conta de que estabamos alí e arrimou a silla máis perto de nós. Mais deseguida o rostro voltou a poñerse inexpresivo, pasados uns dez segundos, voltou a falar só para decir , “Eiquí casi son grises todos os días, pero algún hai cun raio de luz, como o de hoxe. Ben, xa ten que vir a noite”. Cortou de repente e desconectou outros segundos. Era dura a situación, o mal , ao fin , tomara o seu corpo. Co sorriso no rostro despediunos. Nos sospeitamos que aquelas apertas podían ser as derradeiras.

A pena é que xa non lle podemos pedir a súa opinión sobre temas históricos ou de actualidade, como nos pasou con José María Díaz-Alegría, outro gran pensador, e varios máis dos que o consolo son os seus escritos e a súa historia en tempos de loita. Paco Carballo, un galego ilustre e loitador que viviu casi noventa años.

(Este artigo hai que entendelo como expresión conxunta de Rosa Cal- Anxo Ferreiro Currás, escritores os dous, con fondos vencellos coa Igrexa e coas xentes da Igrexa comprometidas co mundo no que viven).
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES