Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Voluntariado

jueves, 04 de diciembre de 2014
Hai multitude de cousas que se fan por obrigación porque non queda outro remedio. Pero tamén hai outras que se fan por una opción persoal: fanse voluntariamente e –en moitas ocasións- sen ningún tipo de remuneración económica.
Hai persoas voluntarias por natureza.
Son persoas de moi bo corazón.
Son persoas que actúan co corazón na man.
Todos temos coñecemento delas porque moitas están no noso entorno.

Por exemplo:
-En tódalas familias hai algún membro que destaca e pódese contar con el en calquera momento lugar e circunstancia. Grazas a el a familia vese beneficiada.
-En tódalas parroquias hai alguén que ten unas cualidades especiais para liderar actos de interés comunitario.
Poden ser actos de maior ou menor rango, actos tan sencillos como:
-Encargarse de abrir e pechar un centro social, unha igrexa…
-Encargarse da limpeza da igrexa parroquial gratuitamente.
-Encargarse do bo funcinamento da traída de augas da comunidade de usuarios.
-Presidir una asociación da que se benfician moitas persoas.
-Ser vogal dunha comunidade.
-Prestar un servizo en cáritas.
-Persoas que gratuitamente fan catequese en parroquias
-Persoas que visitan enfermos.
-Persoas que visitan asilos de anciáns.
-Persoas que socorren nas súas necesidades ós veciños máis cercanos.
Normalmente este tipo de servizos de voluntariado dáse en lugares pequenos onde máis ou menos son todos coñecidos.

Tamén pode tratarse de servizos que incluso esixen trasladarse a lugares lonxanos:
-Persoas que se ofrecen voluntarias para ir nunhas vacacións a un país con necesidades específicas para atender asilos, hospitais, orfelinatos.
-Persoas que se alistan en organizacións non gubernamentais como “ Médicos sen fronteiras” “Manos Unidas” e outras moitas.
-Persoas que abandoan a súa familia, os seus veciños e o seu país para entregarse ós máis necesitados en países subdesenrolados.
-Persoas que podían levar una vida moi cómoda no seu lugar de nacemento e trasládanse a outros de peores codicións.
-E un longo etc.

¿Qué teñen en comñun todas estas persoas?
-En primeiro lugar un gran corazón.
En segundo una gran capacidade de sacrifico en favor dunha causa pola que queren loitar para mellora-la calidade de vida doutros seres humanos.
Pode haber quen diga que estas persoas quitan postos de traballo a outras.

Efectivamente eso tamén pode ser certo nalgún caso concreto.
Pero non é menos certo que prestan un gran servizo á humanidade e que chegan a lugares onde os servizos estatais dos respectivos países non chegan.
Son labores que entrañan grandes dificultades, realizados en condicións moi precarias en moitos casos e bastante ingratos noutros.

Non vale calquera para facelos.
-Unhas fano por motivos relixiosos.
-Outras fano por motivos humanitarios.
-Outras por altruismo.
-Outras porque si.

En calquera dos casos. O voluntariado fai un gran servizo á humanidade.
Persoas necesitadas de axuda, hainas en todas partes e moitas máis das que nos imaxinamos moitas veces:
-Hai casos de extrema necesidade que se queixan con razón.
-Hai outros moitos que deberían queixarse e non o fan porque son moi sufridos.
-Hai casos de xustiza e casos inxustos.

Se ben é certo que nos países desenrolados non debería haber miseria porque os servizos sociais deberían estar cubertos polos estados respectivos; tamén é certo que –polos motivos que sexan- o estado non pode chegar a todas partes.
De aí se deriva a importancia do voluntariado.

Xeralmente cando falamos de necesidades, referímonos ás necesidades materias como pode ser o alimento, o vestido, o calzado , a vivenda…
Loxicamenmte este tipo de necesidades son básicas para sobrevivir; pero o ser huamno tamén ten outras moitas:
¿Cantas persoas están faltas de cariño e comprensión?
Seguramente que moitas máis das que pensamos, porque o que pasa en cada casa só o saben os que viven nela.
¿Cantas persoas sofren un calvario por sentirse soas aínda que estean rodeadas de outras?
¡Quen sabe!
Mellor dito: alguén o sabe, pero quen o sabe en moitas ocasións non o di.

Por eso é moito de agradecer o labor daquelas persoas que teñen algo para compartir aínda que só sexa:
-Un saúdo amable.
-Un sorriso.
-Unha aperta.
-Unha chamada telefónica.
-Unha mensaxe de calquera tipo.
-Algo que alegre a vida.
Todos temos algo bo para compartir.

Vostede é una desas persoas amigas da facer canto máis ben pode porque facendo ben sempre se obteñen beneficios e viceversa.
O próximo artigo titularase
“FAI BEN E NON MIRES A QUEN”
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES