Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Parga non queremos a Mr. Marshall

jueves, 04 de diciembre de 2014
Quen o diría, o exército, que creou un destacamento para enxeñeiros que nunca se fixo no ano 1944 en Parga e que chegou a ser campamento de instrucción con máis de 4.000 soldados nalgún tempo e que se integraron na zona aportando economía, mesmo algúns deles casando, pasou agora á clandestinidade.

En tempos de abolición do servizo militar forzoso, hai moitas instalacións militares que pechan e pasan a ter un uso social e civil, a ser aproveitadas polos cidadáns con usos pacíficos e aproveitamentos culturáis e mesmo económicos públicos.

As concertinas de guerra instaladas arredor das 150 hectáreas, non son un antoxo do mando de turno, reponden a unha decisión do ministerio para un novo destino dese destacamento que todos descoñecemos. Eses arames con coitelas esconden algo máis que soldados e aíllan a parroquia ademáis do negativo e violento impacto visual. Extraña pois que en lugar de ir deixando eses terreos sin uso militar se acometan investimentos dese calibre só para delimitar un espazo.

Sorprende que todo se faga con alevosía e nocturnidade, con celeridade e sin explicación ningunha, con clandestinidade...

Alguén debería chamar as cousas polo seu nome e decir que eses terreos non foron doados polos veciños, foron usurpados en pleno apoxeo do franquismo, no ano 1944, e distrazado ese roubo legalmente cómo unha cesión sin dereito ningún a que foran devoltos aos seus lexítimos propietarios cando deixaran de cumprir o seu cometido. Nunca foron un destacamento de inxeñeiros, non son tampouco agora e co campamento de instrucción, polo menos a parroquia beneficiose en algo. Agora, as maniobras e probas de tiro non xeneran ningún tipo de gasto nin beneficio na zona, sinón molestias.

Nas maniobras e probas de tiro os alimentos e necesidades de intendencia veñen de fóra, de contratas do exército e os soldados igual que os traen, vanse sin que repercutan en nada na economía da zona, polo que a xustificación ao estilo "bien venido, Mr. Marshall" xa non vale como razón de peso para a presencia do exército na parroquia de Santa Cruz.

As sinerxias propias que se daban antes coa boa convivencia, están quebradas.

O exército debe explicar que vai facer alí en primeiro lugar, os veciños teñen.dereito a saber que vai pasar a carón das súas casas e non ter unha instalación clandestina e militarizada.

Os veciños deben ter dereito á libre circulación en tempos de paz e á devolución dos terreos que lles foron usurpados para o seu uso civil e social e que a explotación económica do monte compense esa expropiación franquista.

O problema que afecta en primeiro lugar á parroquia ten visos de ser algo máis grave e trascendente polo seu significado e secretismo e polo tanto é xa un problema de todos.

As forzas políticas todas e as institucións deben defender aos veciños nas súas xustas demandas e poñer fin a un monte que se está a convertir nun campo de probas bélico no corazón de Guitiriz. O exército debelle moito aos veciños de Santa Cruz de Parga e a maneira de pagar é marchar da parroquia definitivamente.

O monte debe volver a ser monte e as instalacións pasar a uso público, ese debe ser o destino definitivo despois da retirada dos arames da vergoña dun ministerio de defensa que actúa de costas a unha sociedade á que di defender pero que neste caso se sinte agredida.

En Parga xa non queremos a Mr. Marshall, sexa americano ou veña de Madrid...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES