Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os ecos da solidariedade

miércoles, 03 de diciembre de 2014
Facundo Cabral recorreu o mundo dicindo, entre outras cousas, que o ben é a maioría silenciosa fronte ao mal. Coa poética que o caracterizaba dicía que unha bomba fai máis ruído que un aloumiño mais, por cada bomba, hai milleiros de aloumiños sementando á vida. Tamén, dicía que cada neno que nace é unha boa nova porque cada neno que nace significa que deus segue crendo en nós.

As boas novas que daba Facundo cada vez que subía a un escenario, quizais sexan as mesmas que se producen na poética silenciosa de quen inverte o tempo nos demais, procurando escachar silencios e trabar para sempre a maquinaria da soidade. O voluntariado é a mostra de que aínda é posible unha sociedade solidaria que se pare na desventuras individuais facéndoas colectivas para renunciar a ter marxes de miseria.

O voluntariado nace da forza inmensa da empatía que nos leva a dar a man aos nosos semellantes. A forma da man convida á unión, a tecer forza común e a vivir nas irrenunciables fontes que nos devolven os espellos da igualdade.

Quen inverte o seu tempo nos demais empeza a albiscar outro xeito de facer e ser mundo e empeza, tamén, a loitar por unha fraternidade que hai anos agardamos para vivir compartindo a marabilla ilimitada da humanidade.

Os ecos da solidariedade teñen que unir ao terceiro sector loitando por construír unha interdependencia que faga dos horizontes persoais porvires colectivos de benestar. Os ecos da solidariedade son intensos e extensos e temos que puxar por eles para construír un país digno de todos os seus fillos.

É necesario dicir que o voluntariado é o xeito máis práctico e comprometido de facer país, investindo o propio tempo en que cada irmán noso teña a oportunidade de implicarse no seu entorno e contribuír a facer porvir. Un porvir para o que non existen prescindibles.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES