Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parlamentarios de Esquerda

lunes, 01 de diciembre de 2014
Aínda que coincidía que o Ministro español de Exteriores visitaba Cuba para relanzar relacións político-económicas, a noticia política máis importante estaba en Estrasburgo, no Parlamento Europeo, onde o Papa Francisco falou para os eurodiputados, nunha intervención que se considera histórica.

Existe en relación co Papa Francisco –mesmo ata os cregos chamados progresistas a profesan- unha fe firme e continuada, na seguridade de que vai ser moi bo para a Igrexa, e para o mundo nestes difíciles tempos.

Non opinan o mesmo os –suponse que tamén progresistas- deputados da Esquerda Europea, entreles a galega Lidia Senra, que abandoaron o hemiciclo do Parlamento en protesta pola visita do Para, e para reivindicar a laicidade dos Estados e de todas as institucións públicas da Unión Europea.

E, ¿faríanlle o mesmo ao Dalai Lama, ao patriarca da Igrexa ortodoxa, ao Imán máis imán de todos os musulmáns, ou á Raíña de Inglaterra, cabeza visible da Igrexa anglicana?.

Fanllo ao Xefe do Estado Vaticano, ao Papa dos cristiáns, representante dunha Igrexa con dous mil anos de existencia, con centos de millóns de fieles, cun labor social innegable, e cunha traxectoria histórica de apoio ao coñecemento e á cultura que, de non ter existido, a nosa sociedade nunca sería o que hoxe é. Abandoar o hemiciclo do Parlamento Europeo é despreciar á inmensa maioría do Parlamento que acolle ao Papa, á Presidencia da Cámara pero, especialmente, ao espíritu que ten que animar a Europa e a un Parlamento europeo de unir e non separar, de escoitar e non despreciar.

E pensando en cousas da casa, nin siquiera se pararon a pensar que gracias ao Papa Francisco e a súa reacción, se está investigando no sur de España un grave problema de abusos sexuais por parte de membros do clero.

Un parlamentario nunca pode irse do seu posto. Ten que aguantar o tipo. Logo, que diga o que queira, pero irse porque non lle gusta quen fala ou o que poida decir é a negación do papel dun parlamentario. Ou parlamentas, ou non eres parlamentario nin – neste caso- parlamentaria. Mágoa que non haxa unha escola de parlamentarios onde aprender a representar á súa xente. Que somos todos nós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES