Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rapidez

martes, 21 de febrero de 2006
Postos a comparar entre medios tradicionais, para distancias medias discútese se é máis práctico o vehículo automóbil particular ou o avión, tendo en conta custes e tempo empregado.

Se poñemos por caso entre Galicia e Madrid, os custes económicos están bastante equilibrados, e quizais non sexa máis caro un desprazamento individual en avión ca en automóbil. E o tempo será beneficioso para o avión se se reside en A Coruña, Santiago ou en Vigo.

Se o lugar de residencia é Ourense, Pontevedra, Ferrol ou Lugo, xa hai que calcular. E o cálculo queda desfasado clarisimamente se os lugares de residencia son Ourense e Lugo, e xa non digamos o rural de zonas extremas de Galicia.

Se hai que ter en conta que para tomar un voo nun aeroporto hai que desplazarse en automóbil propio (o colectivo, neste caso, non funciona), chegar hora e media antes da saída do voo, e organizarse ó chegar ó aeroporto de destino, Madrid queda agora moito máis cerca pola autovía A-8, figurando en contra só o pago da taxa dos pouco máis de cen kilómetros de autopista para chegar á capital.

Para fumadores, é unha vantaxe o automóbil, xa que por agora este aspecto non se controla. Para faladores polo móbil, prohibido está no avión e no coche.

En contra dos automobilistas están, nos últimos días, as incidencias climatolóxicas e os prometidos controis da Garda Civil sobre os faladores por teléfono móbil mentras conducen, ou os escoitadores de música por MP3. Pero non está demostrado que estes dous temas sexan manobras das compañías de aviación para mellora-los seus resultados.

E para quen non estea satisfeito coa situación da vida real, sempre lle quedará Internet, sendo neste caso protagonista a vila de Vilalba (Lugo), que forma parte das chamadas Cidades Dixitais, e onde se ven de presentar a próxima conexión vía satélite, con internet, de vintecinco das vintenove parroquias do Concello.

Regatearáselles a conexión con As Pontes e Ferrol por unha vía rápida que ningunha administración quere pagar, retrasarase a A-8, que ven do norte e ten a natural dilación dunha obra monumental, pero tódolos habitantes vilalbeses do rural poderán conectarse de xeito instantáneo co resto do mundo a través da Rede.

Eso sí que é rapidez, aínda que só sexa virtual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania