Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Credibilidade da Mensaxe Cristiá

lunes, 20 de febrero de 2006
Os cristiáns actuais, para sermos auténticos testemuñas da presenza liberadora de Cristo no mundo, temos que vivir en coherencia co que Xesús dixo/fixo e nos mandou facer. A Lei do Amor (“amádevos uns aos outros como Eu vos amei”) ten de pasar dos actos de fe/culto, públicos e privados, a se facer real/visible na nosa vida. Polo menos que se note que o intentamos. A Palabra de Deus deste domingo segue a marcar camiños.

As obras que realizou Xesús (“liberando de todo mal e curando aos enfermos”) deben ser “o distintivo” dos seus seguidores. A curación do tolleito e as súas circunstancias son unha forte chamada aos cristiáns e persoas de boa fe do noso tempo. Exemplo dun marxinado que se converte nunha nova persoa. Por el mesmo non podía achegarse a Xesús. Non se quedou na casa, nin se resignou a seguir igual. Tiña fe, gañas de se curar, moita carraxe e amigos que logran introducilo (polo tellado) para se atopar con Xesús que non só lle cura o corpo senón tamén o espírito. A liberación/salvación integral. 

A lista dos “curados” por Xesús é infinda: leprosos, cegos, marxinados, desprezados, mulleres...Xesús cura todas as doenzas, limitacións, inxustizas. Do corpo e do espírito. Tamén hoxe abondan. Son moitas as inxustizas e as barbaridades, a escala mundo e no propio país, que estamos a ollar/vivir: menosprezo dos pobres, muros e sebes con arames, caricaturas, xogo coas vítimas do terrorismo, torturas, presos (Guantánamo) sen o dereito a ser xulgados, enredos e insultos desde os políticos ata membros da Igrexa. Onde están as bondades dos sistemas políticos e das Institucións relixiosas? Que fixemos dos Dereitos Humanos!? Privilexios para os países ricos!? Que difícil resulta crer e fiarse das organizacións e confiar nos dirixentes políticos e relixiosos.

Como salvar á Humanidade!? Con persoas (amigos/as) que crean nesa posibilidade, que se impliquen, axuden...Abondan os “paralíticos” na sociedade que precisan ser curados xa que eles non poden. Precisan de persoas, familia, “amigos”, veciños que lle boten unha man e/ou improvisen padiolas. Os cristiáns teñen que dar razón da súa fe, da súa esperanza, da súa capacidade de amor e de servizo ante tanta frustración, pesimismo e desespero que reina nesta martirizada sociedade. Deus dixo si á vida, ao mundo...e non se volve atrás!. Cristo personificou o si no cumprimento de todas as súas promesas.  

A misericordia de Xesús que fai do paralítico un home novo debe ser continuada por aqueles que fomos chamados á mesma misión liberadora. O Espírito de Xesús segue connosco. A credibilidade da mensaxe cristiá só é posible se aparece reflectida nas nosas obras de cada día. Segue a ser o mellor e eficaz xeito de anunciar o Evanxeo.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES