Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Débedas

lunes, 20 de febrero de 2006
Cando un concello declara ter superavit nas súas contas anuais, parece lóxico pensar que non cumpre coas súas obrigas, xa que non se trata dunha entidade que busque beneficios, senón da mellora de servicios a tódolos seus cidadáns.

Ter superavit pode significar unha perfecta administración, uns planificados investimentos, pero tamén non haberse planteado obxectivos ambiciosos dos que sempre hai por cumprir en calquera administración.

Por eso, o saldo natural é un déficit non desmesurado, que se regula con axustes contables ou con empréstitos, de xeito que a débeda que se forme ou acumule permita ir a esa administración por diante das súas normais posibilidades; máis velozmente do que o permitirían os seus recursos habituais.

De acordo con estas premisas, ven ser natural que as sete grandes cidades de Galicia acumulen unha débeda de algo máis de 380 millóns de euros, que equivale á metade do seu presuposto anual conxunto.

Esta débeda podería quedar teoricamente saldada se nun determinado exercicio os concellos das grandes cidades de Galicia renunciasen á metade do presuposto, destinándoo a eliminar rémoras económicas. Pero nunca poderán afrontar unha acción así, pola dinámica de funcionamiento dunha institución con responsabilidades directas sobre un determinado territorio.

Vigo con 85, A Coruña con 80 e Compostela con 63, son os primeiros na lista das sete cidades debedoras. Seguen Ourense con 45, Lugo, con 40, Ferrol con 35 e Pontevedra con 28.

Visto esto, cabe supor que deber é a situación máis normal nun concello. O que puidera levarnos á conclusión de que canto máis se deba, mellor é a situación das cidades e dos cidadáns, do mesmo xeito que nunha economía privada, o feito de ser debedor -se as débedas responden a ter efectuado investimentos- equivale a seriedade e estabilidade.

Deber é progresista, porque permite avanzar. Especialmente agora, que os xuros son moi baixos e non inciden de forma importante na marcha normal da economía privada ou institucional.

Parece, pois, que hai que endebedarse para progresar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES