Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agradecemento ás persoas do espírito

jueves, 27 de noviembre de 2014
Estamos rematando o mes de santos, o mes de novembro, o bendito mes que comeza por tódolos Santos e remata por San Andrés.

Na nosa cultura temos o costume de adicalo ós nosos defuntos, ós que nos precederon. Tanto as persoas ateas como as crentes adoitamos levar flores ós cemiterios en recordo e agradecemento ós que nos precederon.

Cando se trata de persoas crentes, ademais das flores tamén ofrecemos oracións, responsos e misas como ofrenda para pedir por todos, tendo una mención especial para as persoas máis próximas.

Cando estas oracións se fan na misa parroquial, adoita pedirse por toda a xerarquía eclesiástica, polos párrocos que rixiron a parroquia en cuestión ata o derradeiro falecido na respectiva parroquia, pasando polos catequistas, benefactores e todas aquelas persoas que dunha maneira ou doutra tiveron algo que ver coa liturxia e coa vida parroquial.

-¿Por qué facemos todo esto?
-A resposta é ben simple: Porque somos crentes.
-¿E quen nos move a crer?
-O Espírito de Deus: esa forza misteriosa que resucitou ó mesmo Xesús e que resucita a tódolos fillos de Deus no momento que pasan á vida eterna.
¿Pódese dicir que somos persoas do Espírito?
Certamente, en nós habita o mesmo Espírito que fecundou as entranas de María, o mesmo Espírito que resicitou a Xesús, o mesmo Espítrito que habita en nós desde o momento que fomos introducidos no seo da Igrexa polo Sacramento do Bautismo.

Algo misterioso no que cremos firmemente as persoas que nos confesamos crentes.

Para as persoas crentes non cabe lugar a discusión en materia de relixión, porque é cuestión de fe e cada un ten a que ten, se a ten.

Os cristiáns somos templos vivos de Espírito Santo aínda que a veces non sexamos conscientes de tan gran don.

Non todos somos conscients na mesma medida, por eso adoita a decirse que son persoas do Espírito as persoas de vida consagrada: as que fixeron votos; é dicir: papas, cardanais, arcebispos, bispos, sacerdotes, frades, monxas e outras persoas seglares que tamén fan según que votos.

Certamente estas persoas que teñen, digamos, unha dedicación especial e especializada na vida da Igrexa, merecen unha mención especial porque elas son a locomotora da Igrexa.

-¿Canto deixan aportado á cultura ás persoas de vida monástica?
-Moitísimo. Elas foron os primeiras “multicopistas”.
-¿Cantos incunables se conservan nos mosteiros?
-Moitos e cónstame que os teñen moi ben custodiados.
-¿Canto deixan aportado á beneficiencia as ordes relixiosas?
-Moitísimo e seguen ó pé do cañón en escolas, hospitais, asilos de anciáns, en países de misión...
-¿Canto deixan contribuído á conservación dos valores cristiáns?
-Moitísimo. E moito ben deixan feito á humanidade.
¿Canto vale un cura nunha parroquia?
-Moito porque eleva as almas a Deus, fortalece os lazos de unión entre os veciños, administra os Sacramentos, dá a absolución ós atribulados, alivio ós moribundos, preside as celebracións, exerce a caridade cos necesitados, visita ós enfermos…

Desto saben moito todas aquelas parroquias que se ven privadas deste servizo.
-¿Canto labor se fai nas catequeses?
Moito máis do que parece.
¿Quen lles paga?
-Ninguén.
-¿Daquela… por que o fan de balde?
-Porque son persoas de Espírito, persoas movidas polo Espírito de Deus que fan o que fan por amor a Deus e ó próximo. Sencillamente por amor.
-¿Cómo axudan á Humanidade, as persoas de vida consagrada en conventos de clausura; retiradas do mundanal ruído?
-Elevando súplicas a Deus para pedir polas necesidades do mundo, dos vivos e dos defuntos; que non son poucas.
-Privándose dos praceres do mundo.
-Privándose dunha vida en liberdade aínda que se sintan libres ante Deus.
-Entregándose en corpo e alma ó servizo espiritual, renunciando a todo o resto.
-Tamén existen moitas persoas seglares que se dedican a sevir ós máis necesitados en cociñas económicas, servizos de cáritas e outras.
¿Ofrecen un servizo á sociedade?
Claro que si e moito porque en moitas ocasións fano sen esperar nada a cambio e suplen necesidades que o Estado moitas veces non chega a satisfacer.
¿Merecen o noso respeto e o noso agradecemento?
Pois claro que si porque sen a súa valiosa colaboración o mundo irán moito peor do que vai.
Por eso quixen adicarlle estas palabras de agadecemento e por eso agradezo que vostede tivera a ben lelas.
Seguro que vostede sabe de moitas outras misións realizadas por estas PERSOAS DO ESPÍRITO. E probablemente vostede tamé sexa unha ”PERSOA DO ESPÍRITO”
Pero aínda hai moitas persoas máis que ofrecen grandes beneficios á humanidade como son os VOLUNTARIOS. Por eso quero titular o próximo artigo; “VOLUNTARIADO”
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES