Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caza de Bruxas

jueves, 27 de noviembre de 2014
Desde o Preguntoiro: Caza de Bruxas


Houbo un personaxe sinistro nos anos 50 en EEUU que desde o Senado instigou unha cruzada antiprogresista e defensor dos “valores” auténticos de Estados Unidos. Naqueles anos en base a este senador alcohólico, que morreu con cirroses hepática, apoiado por aquel nefasto presidente Richard Nixon, unha grande cantidade de intelectuais, investigadores e actores foron presos.

Agora neste pais os partidos maioritarios que gobernaron, están a desacreditar ao estilo McCarthy a unha nova forza política chamada Podemos. Comezaron xusto despois das eleccións internas de Podemos e da a sensación que o están calculando ao milímetro. Están a preguntarlle polo programa, cando eses partidos PP e PSOE aínda non o teñen para as vindeiras eleccións.

Coido que como ban as cousas e certos tertulianos mercenarios que non cren o que din, están a facer unha caza de bruxas e dentro de pouco tempo lle van cargar o sambenito de que mataron Jesucristo.
Dáme moito noxo escoitar a eses mercenarios da información e algúns políticos cando falan, non deixa de ser un insulto á intelixencia e intentan inverter o discurso . Podemos foi o que levou a este país a ser un dos máis miserentos de Europa, foi o que fomentou a corrupción de Gurtel, Granados etc. , quen recortou en sanidade, ensino e rescatou á banca, quen acadou case cinco millóns de parados, non cumpriu co seu programa e suprimiu o artigo 135 da Constitución para favorecer o capital financeiro.

Grazas a Podemos, os partidos PP e PSOE van trocando o discurso, agora van de “hermanitas de la caridad”, inclusive o PSOE recolle propostas de Podemos e IU. Non teñen puñeteira vergoña, cando hoxe mesmo o Sr. Sánchez Secretario do PSOE fala de restablecer o artigo 135 da Constitución, sendo el mesmo o que estivo de acordo no ano 2011 en trocalo. Moita cara dura. Comeza a caza de bruxas.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES