Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As nosas vidas

viernes, 17 de febrero de 2006
Segue a ser verdade, como quería Jorge Manrique, que “as nosas vidas / son os ríos / que van a dar ó mar”. E Galicia, por eso, foi chamada o país dos mil ríos.

En relación co tema das correntes fluviais, a súa administración, conservación e vixiancia, vaise corrixir unha inxustiza histórica.

Ata o momento, todo o que se refire ós ríos galegos dependía e depende administrativamente da Confederación Hidrográfica do Norte de España, con sede en Oviedo.

Dentro de moi pouco -posiblemente un mes- imos ter funcionando a Confederación do Miño-Sil-Limia, que vai ser administrada desde Lugo ou Ourense, según a maior forza que cada cidade faga valer diante do goberno central.

Non só eso, senón que máis adiante, pero axiña, haberá outras tres demarcacións en Galicia: A Costa, A do sur (Duero/Támega) e A do Norte (Eo e Navia), para efectivamente facer xustiza á máis fluvial das autonomías hispanas.

Esta nova situación de descentralización administrativa, máis xusta e racional, ten que redundar en beneficios para os nosos ríos, ós que vai parar moito máis lixo do que é xusto, se temos en conta que o Conselleiro de Medio Ambiente ven de recoñecer que aínda hai en Galicia 21 concellos de máis de 2.000 habitantes que carecen de depuradora de augas residuais, contravindo toda a normativa da Unión Europea.

Nestes tempos nos que a auga escasea en tantos lugares, e polo tanto máis se valora, que estea a chover é todo un acontecemento, e o de que “as nosas vidas son os ríos” é moito máis ca un afortunadísimo verso que está escrito con letras de ouro na historia da nosa literatura.

As nosas vidas son os ríos. E para a nosa vida, é imprescindible coidalos. Agardemos que os novos tempos administrativos garantan que as veas do noso país deixen fluir auga limpa e saborosa -sangue da nosa terra- que despois de alimentar o noso gran organismo matricio vaian alimentar os nosos dous mares.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES