Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (36)

Rodríguez Cabanas, M. Francisca - miércoles, 26 de noviembre de 2014
Agradecida


Unha xove, que “dou pasos en falso”, chama ás portas para pedir axuda. Daslle, pouca cousa. Logo, como lle cadra de paso, timbra; un euro. Ao avó parécelle moito. Debía haber traballo para todos. Quitarlles a eses que se fixeron ricos á conta dos xoves que caeron na trampa.

Un día tras outro, o que dá esmola, cánsase. Unha tarde o avó díxolle: “Mira as zapatillas que teño”. Ela díxolle: “Dime o número que calzas que che vou comprar unhas para Papá Noel”. Ela insístelle que lle diga o número que calza. O avó ponse serio e dille que non. Pero esa xove, que aínda ten algo de humanidade, dános un exemplo. Pensar en tanta xente que a meteron nun túnel escuro.

Que pena! Penso como sería normal. Seguramente unha boa traballadora en calquera ramo, cunha boa familia, fillos, marido, que a farían feliz. Canto deben sufrir algúns pais? Perder os seus fillos mentres outros se enriquecen...

Un recordo cariñoso a toda a xente que sofre as consecuencias terribles desa maldita droga.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES