Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De etiqueta

lunes, 24 de noviembre de 2014
As normas do comercio sobre productos artesanais de alimentación parecen inevitables cortapisas que se lle poñen aos pequenos productores para facelos entrar polo aro e que homologuen os seus productos cos das empresas.

Empezamos polos queixos. Moitos apreciábamos aqueles riquísimos queixos artesanos que se facían en cada casa onde houbese abundante producción de leite, para darlle saída ao excedente. Cada queixo sabía diferente, dependendo do lugar, do leite, da pericia da queixeira e do trato que o queixo recibise. O lexislador debeu acertar na intención e nos medios porque os queixos sen bautizar comezaron a escasear, e agora temos que mercar os que teñan nome e procedencia coñecida, por moito que nos doa a desaparición do queixo artesanal. Todo sexa en beneficio da salubridade do produto.

E logo –ao mellor, foi antes- a augardente artesanal. Prohibiuse facer augardente do país nas alquitaras tradicionais, debendo existir un rexistro, que o producto se industrialice, que teña nome e apelidos. Aínda que a ninguén lle interese mercar augardente do país embotellado e todos sigamos suspirando – e moitas veces, conseguindo- augardente sen bautizar, sen genealoxía, pero coa pureza e o recendo que os paladares devotos estimamos.

E agora, os produtos da horta. Os nosos labregos que ata agora levaban ás feiras e mercados sacos de patacas ou cestas de madas de grelos, fabas, ovos, e calquera outro producto comestible que o mercado demande, teñen que apuntarse nun rexistro e poñer etiquetas ás verduras.

¿Qué vai pasar agora en Santaballa en donde en case todas as portas había sacos de patacas e madas de grelos para que os viandantes as mercaran? Ou en Lugo cos labregos dos arredores que enchían os baixos de Quiroga Ballesteros, pagando o canon correspodente, ou se situaban nos arredores a ver que pasaba...

Non hai dúbida de que nos tempos que corren cómpre vixiancia sanitaria de todos os productos que se poñen á venda... pero chegar a etiquetar as verduras é moito máis do que podiamos sospeitar. E aínda que pareza broma, polos antecedentes coñecidos, xa sabemos que a cousa vai en serio.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES