O traballo de Roberto
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 24 de noviembre de 2014
A mesa está chea de papeis, cartas, bolígrafos, un lapis, unha grampadora, tres selos de caucho, unha pedriña redonda de cor gris cunha caricatura debuxada a man, un calendario de mesa, un clip e, por suposto, un teclado sobre o que Roberto Traspés Díaz dálle que dálle ás teclas.
Algúns paisanos entran na súa oficina de cando en vez e Roberto recíbeos cun sorriso de orella a orella. Logo xa fala con eles coma se os coñecese de toda a vida. A algúns coñéceos de toda a vida. Roberto Traspés Díaz leva asuntos de irás e non volverás, é dicir, que despacha certificados de defunción nos que, o finado, vai e non volve. Aínda que tamén, ao noso amigo, o sorriso váiselle tan axiña como o paisano pide o maldito impreso. O asunto non é para rir.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora