Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

70 anos

jueves, 16 de febrero de 2006
Os tempos son chegados. Vivimos o segundo mes de 2006, un ano que nos parecía do máis normal, e de repente dámonos conta que se cumpren 75 desde o advenimento da II República española, o cal non sería máis ca un cumpreanos. Pero tamén se cumpren 70 anos desde o comezo da Guerra Civil. E eso está sendo un punto e seguido na nosa vida como Estado, como Nación, como conxunto de nacionalidades, como Nación de Nacións.

Punto e seguido. Punto, porque nos paramos a mirar. E xorden publicacións que estudian os por ques, os como, os onde; para que as xentes que viviron a guerra coñezan tódolos puntos de vista, e os que non a vivimos teñamos idea cabal da irracionalidade que sacudeu ás Españas do 36.

Neste "punto" está a reivindicación das ideas dos vencidos, o coñecemento de feitos e miserias, e o rescate dos restos dos mortos dos inmundos lugares onde foron sepultadas tantas vidas.

E seguido. Porque unha vez coñecido o que pasou, honrados (xa que non é posible compensación) os agraviados, temos que seguir adiante no camiño común que empezamos a andar hai un cuarto de século.

70 anos é moitísimo tempo. Pero non abonda, de por sí, para cura-las feridas. Porque son feridas cicatrizadas en falso, e hai que curalas para poder soportalas. Pero primeiro hai que coñecelas.

O 14 de abril cumpriranse 75 anos do comezo daquela experiencia democrática que quebrou de forma tan tráxica e inxusta cinco anos despois. O 18 de xullo, cumpriranse 70 anos daquela fenda dolorosa e infame.

Os cumpreanos hai que celebralos. E, neste caso, aprender deles. Punto e seguido.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania