Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pechado por melancolía

viernes, 21 de noviembre de 2014
Camiñaba, como acostumo facer, co meu netiño polo barrio da Magdalena de Ferrol, cando observei no escaparate da que fora unha das librarías de referencia na cidade un letreiro que rezaba: “Cerrado por Pechado por melancolíaMelancolía” e axiña veume á mente Isidoro Blaisten, o porteño aquel que foi libreiro de barrio e que rematou sendo escritor de, entre outros, un libro titulado precisamente así: “Cerrado por melancolía”, e ese foi curiosamente o carteliño que puxo cando tamén clausurou a súa libraría no ano 1981 recoñecendo o seu fracaso profesional e comercial no mundo do libro que o levou a un estado anímico encadrado na tristura, e dicir: á melancolía. Os lectores daquela perderon un lugar onde atopar libros pero gañaron un escritor. E ao ver ese letreiro, hoxe no 2014, no escaparate da que fora a libraría “Quijote” na rúa Real, levoume a reflexionar sobre o triste que é o peche dun establecemento onde o único que se vende son actas, rexistros de cultura feitos por escritores aos que lles gustaría poder vivir do seu traballo que consiste en escribir e que os seus libros se vendan. E as librarías están para iso.

Tal e como andan as cousas resistir ao fronte dunha libraría o envite desta crises galopante que estamos a sufrir, resulta heroico e os heroes as veces tamén caen.

Poderíamos argumentar o mal momento polo que atravesa a lectura e que o público, minguado o seu poder adquisitivo, se retrae e merca menos libros que outrora, ou a tendencia que a xente ten hoxe a ler noutros formatos. En calquera caso sempre ten que haber unha oferta e unha demanda e cando aquela supera a esta, os números non cadran neste mundo chamado dos negocios onde a cultura tamén está incluída. Ao perder poder adquisitivo neste sistema austerizida no que nos meteron, a xente merca pouco ou cando menos mídese máis no que merca. Isto o senten os establecementos, moitos dos cales vense obrigados a pechar por inanición, e as librarías non son unha excepción.
Significa que a xente le cada vez menos? Quizais non; o que acontece é que hai máis dificultades para mercar e recórrese a internet ou ao préstamo onde o gasto é case nulo ou sen case. Eu son dos que creo que internet, as tablets, non vai acabar co libro, como tampouco acabou cos xornais. Lembro cando dicíase que a TV ía finar coa radio e xa ven o lugar que ocupa a radio arestora nas preferencias do público. O asunto consiste en saber adaptarse aos tempos que corren. De internet pódense baixar libros gratuitamente que xa forman parte do dominio público, cuxos autores non perciben dereitos, pero tamén obras con poucos días de vida e iso precisamente é o que precisaría de certa regularización, na procura dun equilibrio para non prexudicar ás partes. Se un amigo préstame un libro, tería que pagar eu dereitos de autor por lelo, ou mesmo por escoitar un disco que me deixan? A resposta semella obvia: non. Pero nisto non convén dar puntadas sen fío e ademais este asunto sería argumento para outra reflexión.

O tema de hoxe era a tristura que produce o peche dunha libraría, dun lugar no que non so se vendían libros senón que servía tamén como centro de reunión onde os clientes habituais tiñan un foro e unha escusa para falar co libreiro de narrativa, poesía, de arte, música ou incluso de política. Unha libraría é coma unha pequena ágora, coma un oasis no deserto cultural no que queren converter este país os irresponsables que inflúen nestas cousas comezando polo ministro da materia. Por iso cando unha libraría pecha por melancolía, todos quedamos tamén un pouco máis tristes e melancólicos. Abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES