Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo para amar

jueves, 20 de noviembre de 2014
-Hai un tempo para nacer e outro para morrer.
-Hai un tempo para plantar, outro para colleitar.
-Hai un tempo para traballar e outro para descansar.
-Hai un tempo para cada cousa.
-PERO SEMPRE É TEMPO PARA AMAR PORQUE TODO SER PRECISA AMOR.

Precisan amor incluso os seres inertes:
-Se tratamos ben un mineral, un canto rodado, una pedriña que ten un encanto especial, estes ofrécenos mellor aspecto.
-Se coidamos una casa, esta móstrase confortable.
-Se temos o coche limpo, ordenado e revisado; este ten bo aspecto, dá boa impresión e funcina ben.
-Etc, etc…

Siga vostede facendo toda una lista de todo aquelo que trata con amor e sacará as súas propias conclusións.
Bote un vistazo ó seu carón e verá moitísimas cousas súas tratadas con moito cariño.

Cando se trata de seres vivos xa é moito máis importante:
-Unha planta tratada con amor, móstrase alegre, lozana, fermosa e vizosa.
-Unha árbore sachada, abonada e podada, causa bo aspecto e dá bos e sabrosos froitos.
-Unha colleita ben abonada e ben sachada, dá gloria vela.
Se vostede ten una finca, un xardín ou aínda que tan só sexa una planta no seu fogar, terá comprobado esto moitas veces.
-Un animal doméstico alimentado con cariño, mostra un aspecto radiante:
-Se é de carne, dá carne.
-Se é para traballo, traballa con forza.
-E se é de recreo, móstrase lustroso e deixa quedar nun lugar moi alto á persoa que o coida.

Un gandeiro que ten o gando ben coidado, di moi ben del mesmo.
Calquera persoa amante das mascotas, sabe canto se lles quere e canto se miman.
E o que aínda é máis importante: “o intercambio de amor que se produce entre ambos”
¿Non ten comprobado esto co seu can, co seu gato, co seu canario …?

E… ¿Qué sucede cando se trata de seres humanos?
Aí o amor xa mostra o seu grao máximo:
O ser humano nace do amor e está dotado dun corazón para dar e recibir amor.
Necesita amar e sentirse amado desde o mesmo momento da concepción.
¡Que enerxía divina circula entre entre un bebé e os seus proxenitores!
¡Que espectáculo tan entrañable e indescriptible!
¿E cando se coida a una persoa enferma con amor?
¡Outra gran lección de tantas que nos dá a vida!

Unha vida chea de amor é capaz de resistir calquera contratempo.
O amor tapa tódolos defectos e supera todo tipo de adversidades.
Sen amor a vida non tería sentido.

Encontramos sentido á vida, grazas ó que amamos, a quen amamos e ó amor que recibimos para amar.

O amor é a enerxía que move o mundo a través dos humanos para facelo máis humano e por veces incluso “divino”.

Non é menos certo que nos mundos que vivimos:
“O que move o mundo é o capital”.
Xa din alí: “Poderoso caballero es…”
Certo. ¿Verdade?
Desafortunadamente hai humanos –que non son nada humanos- que convertiron o mundo nun mercado no que se comercia con todo e con todos, incluso cos humanos.
¡Que pena!
¿Pódense calificar de humanos a esas persoas?

A persoas como vostede e coma min parécenos imposible que se poidan producir feitos desta índole.

A vostede e a min non nos caben na cabeza esas cousas.
Pero se ve que hai a quen si lle caben porque as estadísticas confírmano e os telediarios, tamén.
¡Vergonzoso!
¡Miseria humana!
Esta é una das lacras dos nosos tempos.

Pero tamén hai persoas que como vostede saben distingui-lo grao da palla.
Son persoas con sentidiño, persoas con moito sentidiño.
Grazas a todas aquelas persoas que empregan a moeda do amor, o mundo vai o ben que vai.
Xa sei que está pensando que o mundo non vai ben; pero podía ir peor.
Hai que ter moita paciencia.

A evolución humana é moi lenta e ten moitos baches, pero debemos confiar e seguir adiante porque somos moitos os que loitamos por un mundo mellor.
De non ser polas persoas que nos empeñamos en face-lo ben coste o que coste; este mundo sería inhabitable.

Ainda quedan moitas persoas que sementan amor por onde queira que vaian:
-Pais e nais que crian ós seus fillos con amor.
-Fillos que tratan ós pais con moito amor e moita tenrura.
-Mestres que aman a infancia con todo o seu corazón.
-Médicos que tratan ós pacientes con amor, curando tanto cunha palabra amorosa como coas medicinas.
-Veciños que aman ós seus veciños e móstranse serviciais e cordiais en todo momento.
-Superiores que tratan con amor ós inferiores e viceversa.
-Farmacéutcos, empresarios, obreiros, labregos, mariñeiros, mineiros, mecánicos, electricistas, fontaneiros, amas de casa, funcionarios, outros…
-Moitísimas das persoas coas que nos encontramos na vida cotiá.
¿Por qué actúan así moitísimas persoas?

Non sei o que lle parece a vostede, pero a min paréceme que ocorre así:
-Porque naceron do amor.
-Porque foron criadas no amor.
-Porque queren vivir no amor.
-Porque para elas empregar a súa vida amando é a mellor das inversións que poden facer.
Son persoas que teñen a súa mirada posta nos valores superiores, persoas con ideais elevados, persoas de boa vontade, persoas que disfrutan facendo o ben.
Persoas iluminadas polo Espírito.
Persoas como vostede que está lendo estas palabras miñas porque vostede tamén cre no amor.
Persoas que merecen unhas palabras de agradecemento.
“AGRADECEMENTO ÁS PERSOAS DO ESPÍRITO” será o título do vindeiro artigo.
Graciñas una vez máis por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES