Fabas contadas
Editorial - martes, 14 de febrero de 2006
Os nosos paisanos, coa sabiduría que dan os séculos e a experiencia, sabían e saben que os diñeiros públicos son "fabas contadas"; cantidades moi determinadas que hai que administrar.
Polo tanto, e se é un conxunto de fabas o que se reparte, se dunha partida se detrae determinado número de fabas, eso quere dicir que se poden incrementar en outra. E se nunha partida se incrementan as fabas, dalgún lugar teñen que sair.
É preocupante pensar que, por moito que fagan, os gobernantes actuais, como os anteriores, como os futuros, non van facer máis que repartir fabas; e ó ser estas fabas contadas, non poden facer miragres.
O presidente Touriño visitou Ourense a comezos do presente mes. Era a súa primeira visita institucional á provincia. E nesta primeira visita, o Presidente comprometeuse coa capital e coa provincia afirmando que Ourense ía ser o nudo de comunicacións da Galicia interior, prometendo unha serie de investimentos que sirvan para "frear o declive histórico da provincia".
Confesou crer en Ourense e comprometeuse co seu desenvolvemento para reverti-la situación.
Para eso, fan falla fortísimos investimentos. Fabas ó fin. ¿Quere eso dicir que os políticos non poden facer promesas ou arrimar determinados investimentos a unha zona determinada?
Non. Pero quere dicir que as palabras son unha cousa e as posibilidades son outras. Quere esto dicir que os miragres non existen neste mundo noso, alomenos na actualidade, e que a Ourense non lle vai toca-la lotería porque a visitase o Presidente.
Quere esto dicir que as palabras son moi fermosas, e ás veces actúan como bálsamo.
Quere, en fin, esto dicir que os gobernos manexan cartos (fabas) e que non hai goberno que logre a multiplicación do presuposto, alomenos ata agora.
O goberno galego revertirá co tempo, non o dubidamos, o suposto declive de Ourense. Pero o mesmo dereito teñen tódalas demáis cidades.
A fin de contas, en todas elas cocen fabas. Esto, ¡Sí é dogma de fe!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora