Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (8)

jueves, 20 de noviembre de 2014
Ano 1912
O edificio


Comisión Executiva do Hospital Asilo de Vilalba. Sesión ordinaria do 4 de maio de 1912. Por la propia Presidencia se hizo también presente á la Comisión que don Maximiliano Paz Felpeto, mayor edad, propietario y vecino de esta Villa, se obligaba a ejecutar toda la obra de cantera necesaria hasta dar terminado y cubierto el edificio que se O Hospital asilo de Vilalba (8)construye en este pueblo para Hospital municipal por la total cantidad de catorce mil pesetas, y siendo por lo tanto de cuenta del proponente la pica y labra de las piezas de cantería que se empleen en la recordada edificación, toda la obra de mampostería con inclusión del tejado, hasta dejar aquella cubierta y terminada de mano de cantero, pagar el agua y recomposición de picos y demás herramientas que se emplee en la obra, facilitar la madera precisa para los andamios, así como las puntas necesarios para los mismos, facilitar los aparejos y quedar responsable en todas sus resultancias y consecuencias de los accidentes del trabajo que puedan ocurrir hasta la terminación de la obra repetida. Con vista de lo expuesto la Comisión acordó por unanimidad aceptar la proposición formulada por el nombrado don Maximiliano Paz Felpeto.

Feiras e feirantes. A sesión do Concello de 6 de xaneiro de 1912 aproba os arbitrios sobre os postos comerciais do campo da feira, rúas e prazas desta vila. Polas tarifas, descritas polo miúdo, coñecemos o que se compraba e o que se vendía: panos, lenzos e tecidos; quincalla e panos; estampas e rosarios; zocas; roupa feita; aderezos e obxectos de prata; sombreiros, gorras e análogos, e calzado; cestos; carros; culleres de madeira e similares; cribas e borteles; obxectos de ferro; caldeiros e potes; obxectos de louza e barro; obxectos de latón e folla de lata; aparellos, mantas e correas -de cabalerías-; cal; sal; pemento, xabón e azucre; pan e roscas; carnes e manteigas; queixos; ovos; pescada, congro, sardiña; hortalizas e legumes; froita; castañas, noces e abelás; doces e pastas; verzas; semente de toxo, xesta e nabo; galiñas e polos; lebres, coellos, perdices...; dentistas ó aire libre sen medicamentos nin caixa de instrumental; panoramas, cinematógrafos, tío-vivos. Ademais comerciaríase con gando, maior e menor, con trigo, centeo, millo, patacas, froitos da horta... que formaban a maneira que tiñan os labradores de dar saída ós seus produtos e de conseguir numerario. Estas últimas formarían o groso das transaccións comerciais.

Ferrocarril eléctrico Lugo-Ribadeo. A prensa faise eco da proposta de construír un ferrocarril que una Lugo con Ribadeo pasando por Vilalba e Mondoñedo. Para dar enerxía cóntase co subministro de Hidroeléctrica del Tronceda.

Suba do tabaco. Desde o primeiro de xaneiro o tabaco subiu de prezo. O paquete de 25 gr. de picado común custa agora 20 cts.; o paquete de 50 gr. de picado en febra común, 50 cts.; a presa de folla de Virxinia de 500 gr. 3’35 Pts. Con esta reforma elévase a 132’72% o recargo establecido sobre o tabaco.

A estrada a Meira. «El Eco de Villalba» 21 de xaneiro de 1912. Ha sido aprobado el expediente de expropiación de fincas en términos de Villalba con motivo de la construcción de los trozos primero y segundo de la carretera de Villalba a Meira, sección de Villalba a Puente de Otero, por su importe de 36.777,95 Pts, cuya suma se abonará con cargo al presupuesto vigente.

Orzamento do Concello. Para 1912, ascende a 61.884,40 Pts.

«Festa da Árbore». Nas escolas da comarca comeza a celebrarse unha festividade de exaltación da natureza que recibe este nome. Destaca por ser resultado de novas ideas que penetran na educación e que pretenden un maior coñecemento e respecto do contorno natural onde vive o alumnado.

«La torre del homenaje del castillo de Villalba» Este libro así titulado, da autoría de Francisco Tettamancy y Gastón, foi editado na Coruña. Anúnciase en «El Eco de Villalba» do mes de abril. Con el respondíase á inquietude e malestar que aínda existía por mor do intento do derrubamento da torre. Tamén se publicara no número anterior un debuxo realizado por Manuel Mato Vizoso da reconstrución do castelo aló polo século XV xunto cun estudo do monumento e dos Andrades, que foron os señores do territorio.
Mesmo os habaneiros estaban sensibilizados co asunto. Do mes de febreiro data unha carta que a «Unión Villalbesa y su Comarca» dirixe á xente de Vilalba manifestando o seu apoio ó monumento e o seu desexo de que sexa declarado monumento nacional. Asina, pola Xunta Directiva, o seu presidente, Manuel López -Arias- e Eloy Villalibre.

O Centro Galego da Habana, 1912. No mes de abril o «El Eco de Villalba» inserta unha reportaxe sobre a solidariedade das distintas asociacións que se inclúen no Centro Galego da Habana -«Liga Santaballesa», «Unión Villalbesa», entre outras- e sobre o gran labor social que realizan: ...Su morriña no llora ya ausencias ni añoranzas... se ha hecho práctica, ha pasado del laúd del bardo a la caja del comerciante, al bolsillo del menestral, y en vez de notas quejumbrosas, lanza billetes de banco, piezas do oro y hasta modestos patacones de cobre para remediar calamidades, restaurar templos, levantar escuelas, construir cementerios y llenar, en fin, al curruncho de donde ha partido el descalzado emigrante de todo aquello que no había y que era necesario. Na nova directiva do Centro Galego figura como vicepresidente segundo José Paz López, quen fora o primeiro presidente da «Liga Santaballesa».

Voda de Domingo Apenela e Celia Rodríguez. «El Eco de Villalba» 26 de abril de 1912. En la iglesia parroquial de esta villa se efectuó, el día 17 de los corrientes, el enlace matrimonial de la simpática y elegante Srta. Celia Rodríguez con nuestro estimado convecino don Domingo Apenela. La novia vestía traje negro y velo blanco que prendía con el simbólico azahar, y el novio de rigurosa etiqueta. Bendijo la unión el señor cura párroco. Fueron padrinos el hermano del novio D. Vicente y la hermana de la novia Srta. Mercedes. En el acompañamiento figuraban: Sra. Da Ángela Cuba de Andrade; Srtas. Carmen Marqués, Encarnación Martínez, Granada Gacio,
Sofía Goás, Eustasia García, Nicerata Jaraiz, Carmen Pérez, Lola Rico, Hortensia Prieto, y las hermanas de la novia Carmen Raquel y Alicia; Srs. D. Antonio Astola, D. Juan Fernández Abelleira, D. Arturo Basanta, D. Víctor Andrade, D. Crisanto Puentes y D. Ramón Prieto, además del padre, hermano y sobrino de la novia, don Manuel, don Ramón y Pepito. Terminada la religiosa ceremonia, pasaron los invitados a casa de los padres de la novia, donde se sirvió un espléndido lunch. Los novios salieron para Coruña.

Música no paseo. O último domingo de abril a Banda Municipal comezou a amenizar o paseo. Executou escollidas pezas do seu repertorio con moita afinación e bo gusto. Parece que a subscrición popular iniciada con tal obxecto deu un resultado regularmente satisfactorio e polo tanto haberá música todos os domingos e días festivos ata últimos de outubro.

«La Unión». Dise que esta empresa de automóbiles que ata o momento viña explotando a liña Viveiro a Ribadeo, vai poñer outra entre Baamonde e Viveiro pasando por Vilalba.

Os planos do hospital asilo. «El Eco de Villalba» de 4 de maio de 1912 publica unha ampla reportaxe sobre o Hospital en construción. A necesidade de fondos para continuar a obra é moi necesaria por estar moi minguados os existentes. Faise un chamamento á xente de Vilalba e da comarca para realizar novas contribucións de fondos, pero sobre todo ós emigrados, ós benfeitores de alén do mar. A axuda de todos resultaba moi necesaria. Por refrescar a memoria e dar maior importancia á petición que se formulaba, ofrécense datos moi precisos:
. O solar foi adquirido a fins de 1910. Mide aproximadamente 60 por 60 metros, a medio camiño entre a vila e a ponte dos Freires, é dicir, nin demasiado próximo nin demasiado lonxe da vila e suficientemente ventilado.
. A meirande parte do terreo foi mercado a Francisca García, viúva de Diego Álvarez, en 2.250 Pts. e outra porción menor a Juan Monasterio en 400 Pts. En total 2.650 Pts sen incluír gastos de notaría, dereitos de Facenda...
. Un señor da Comisión tivo que adiantar a meirande parte dos fondos para mercar o solar, porque daquela non había para tanto -probablemene o alcalde Andrés Basanta-.
. Os planos foron obra do ex arquitecto provincial, don Leoncio Bescansa Casares, quen soubo interpretar os desexos da Comisión ó reunir as condicións necesarias, os medios calculados e as necesidades do momento. Foi tamén o autor dos planos do edificio do cárcere-concello. Custaron os planos 150 Pts.
. O edificio é de trazos austeros e a súa distribución interior acomódase ás necesidades presentes.
.Tívose en conta para elixir o terreo onde se había de construír o hospital, que nel había canteira de pedra que se utilizaría para a construción. Tamén se tivo en conta que había auga, elemento tan necesario para unha edificio deste estilo.
. O solar no que se asenta permitiría, segundo necesidades futuras, construír outro pavillón igual na parte de atrás.
. De maneira altruísta, as obras están dirixidas polo construtor e membro da Comisión señor Fraiz.
. Empregábase pedra granítica para zócalos, ángulos, marcos de portas e ventás, frontispicio e cornixa da fachada principal. Para o resto, mampostería do país. Madeiras de tea e castiñeiro e lousa para a cuberta completaban os materiais de construción.
. Nas páxinas que seguen reprodúcense os planos, alzado e dúas plantas coa distribución interior.
O Hospital asilo de Vilalba (8)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES