Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando soñar é obrigatorio

miércoles, 19 de noviembre de 2014
O novo anuncio do Gadis retórnanos ao orgullo do ser galego utilizando de maneira positiva as características da nosa forma de ser. Desta volta, é un convite claro a mirar cara ao porvir e a avanzar no benestar seguindo o fío da historia que nos leva.

Todo empeza nunha barbería onde un mozo expresa as súas incertezas ante un grupo de xubilados. Dende este pé vai percorrendo os motivos que nos dá a vida para ser felices e seguir adiante. Curiosamente, son moitos estes motivos e véñennos a dicir que temos un potencial invencible que podemos e debemos mobilizar para saír adiante. O anuncio métese cunha realidade que sempre foi allea á política e á economía: os soños, que tan ben definiu Antonio Gedeão na cantiga de Manuel Freire. Mais por moito que queiran non poden coutar a imaxinación e as ilusións da xente e coido que aí reside o feito de que o ser humano naza radicalmente libre na capacidade de soñar que pode ser outra cousa (como dixo Novoneyra).

Se este mundo se humanizara un político tería que saber recoller e proxectar os soños dos seus irmáns sendo un guieiro do benestar. Claro que isto é algo que tamén podemos e temos a obriga de soñar. Dalgún xeito a publicidade do Gadis convídanos ao porvir e faino recorrendo ao mellor do noso carácter pero nós temos que ser quen de sacarlle a aprendizaxe e poñela en práctica cara ao futuro colectivo. Un pobo que soña é un pobo que constrúe o mañá pero, para que un pobo soñe ten que respectar e puxar polos soños persoais dos seus fillos conquistando un benestar colectivo no que cada soño alimente o porvir.

Soñar debería ser obrigatorio, impulsar a realización dos soños a gran tarefa educativa e velar polo gran soño colectivo do benestar a obriga ineludible de toda persoa que se dedique á función e a xestión pública.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES