Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outro mundo é posible

lunes, 13 de febrero de 2006
Toda persoa adulta, sabedora da realidade e sensíbel ao que está a ver e a vivir neste noso mundo, compartido por máis de seis mil millóns de persoas, ten de se decatar de que non estamos no camiño axeitado e ideal para unha elemental convivencia humana. Camiñamos cara á destrución. É necesaria a conversión, a transformación deste mundo. 

O aviso chéganos no lema de Mans Unidas: “Outro mundo é posible, depende de ti”, que leva a obriga de nos implicar na mellora do actual, o que tamén depende de nós, de min. Aos cristiáns tamén nos ven outro recado desde o Evanxeo: “Xesús alongou a man para tocar e curar aos gafos do seu tempo”. ¿Quen son e onde están hoxe!? Diante de nós, se os queremos ver. Con doenzas físicas, sociais e psicolóxicas. Non viven en covas senón nas rúas, suburbios, pobos non desenvolvidos do Sur, nos guetos da fame. Saben deles os voluntarios de Mans Unidas cos milleiros de Proxectos en 64 países. 

Este é o último ano (van tres) dedicado á globalización, a comprender os retos que trae ese fenómeno moi negativo para os desfavorecidos da Terra. Nos anteriores buscamos resposta ao por qué; este ano buscamos resposta ao para qué. É sinxela: ese mundo mellor, necesario e posible, debe ser reconstruído sobre a base de que todos os seres humanos temos as mesmas necesidades e aspiracións, aínda sendo diferentes na orixe, raza, cultura ou relixión. Somos todos e todas membros da mesma familia humana.

Reclamamos a globalización ao servizo da vida humana que garante máis oportunidades para mellorar a vida dos máis pobres e empobrecidos. Un desenrolo en valores e en condicións reais de vida para acabar coa fame e a miseria nun mundo, cheo de riquezas e sobrado de egoísmos, desprezos e insolidariedade. Datos (ONU 2005). “Cada hora morren 1.200 nenos a causa da fame; a quinta parte da Humanidade sobrevive con menos dun euro diario; os obxectivos do Milenio (acabar coa fame 2015) non se vai cumprir. ¡Estamos lonxe do 7% acordado, sen asumir, na maioría dos países ricos!

Queda moito por facer. A resposta ten de vir por esta rota: 1º/ Pola denuncia dun mundo que só globaliza intereses dos poderosos e fabrica pobres 2ª/ Pola esperanza dese mundo mellor para o que é preciso non se someter aos mandados económicos e sociais do capitalismo salvaxe, senón axudar a facer real un mundo máis solidario e pacífico, máis ecolóxico. Como fondo, respecto, diálogo, colaboración. 3º/ Compromiso de unir esforzos e seguir o principio: “O que eu deixe de facer, quedará sen facer para sempre”.

Os/as que presumimos do grande ben da “liberdade” (aínda que estamos a abusar dela) quedémonos coa frase de N.Mandela: “Mentres haxa pobreza, non haberá liberdade”. 
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES