Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dende a 'Torre del Aire'

lunes, 17 de noviembre de 2014
Dende a 'Torre del Aire' Estes días ando a ler a Torrente Ballester e o estou a facer con gusto e interese sen deixar que outras cousas me inflúan, agás o seu talento literario que hoxe practicamente ninguén discute. Hai quen está suxeito a prexuízos por razón de comportamentos persoais que nada ou ben pouco teñen que ver coa literatura e si coas tendencias ideolóxicas ou afiliación política do autor. Son dos que penso que hai que ver ao home e as súas circunstancias, aprender a separar á persoa do seu talento creativo, e pensar o que faríamos e coma reaccionariamos se estivésemos nesa mesma conxuntura. Pero isto afástase do que eu quería compartir hoxe con vostedes.

Coñecín a Don Gonzálo Torrente Ballester hai xa tempo coincidindo cunha homenaxe que se lle dispensaba na cidade de Ferrol sendo concellala de cultura Nona Inés Vilariño. Noso primeiro contacto tivo lugar no Centro Cultural que leva seu nome da man de Xosé Ponte Far, erudito na obra do escritor. Logo embarcamos na lancha rumbo a Mugardos onde almorzamos nun dos mesóns do paseo marítimo. Xa o profesor non andaba ben de saúde, víase canso e non estaba moi comunicativo, pero aquela xuntanza resultou certamente clarificadora para min logo de ter lido “La Saga y Fuga...”, “El Rey Pasmado”, “Dafne y Ensueños” e visto “Los Gozos y Las Sombras”.

Ando a ler agora “Torre del Aire” que ven de ser unha serie de artigos periodísticos que Torrente Ballester escribiu entre 1975 e 1979 e que lle publicaron no diario “Informaciones”; uns artigos feitos con grande capacidade de sínteses, un oficio incuestionable e unha ironía a flor de pel tan característica no escritor. Pois ben, lendo este compendio de traballos xornalísticos aconteceume unha cousa curiosa que lles paso a relatar. Hai tempo pensaba dedicar unha destas miñas reflexións a algo que me ocorre con certa frecuencia, pero que o fun deixando ao crer que era cousa miña sen maior interese, manías dos que andamos mergullados nisto da música, e miren por onde agora atopo un artigo de Torrente Ballester dedicado ao que eu pretendía contarlles; o titula “Esas canciones que insisten” e refírese a que un, as veces, érguese da cama cunha melodía na cabeza que comezamos a rosmar namentres nos afeitamos, na ducha, tomamos o xaxún e segue e segue insistentemente ata no noso traballo. É como se fuxira da carpeta do noso particular disco duro e fixera acto de presenza na nosa primeira liña mental. Un fai esforzos para esquecela pero ela, dálle que dálle, insiste e non se vai. Polo miúdo non son cancións excelsas, senón mais ben vulgares. Aconteceulles algunha vez a vostedes algo parecido? O mesmo si. Polo de pronto ao comprobar que a Don Gonzalo tamén o perseguían melodías varias, quedei un pouco máis tranquilo na certeza de saber que hai alguén máis a quen lle sucede. Mellor é isto que espertarse con pensamentos máis abxectos.

A “Torre del Aire” está en Salamanca, cidade na que vivía Torrente Ballester. Dende alí arriba debe haber unha perspectiva diferente das cousas, unha visión mais ampla da realidade, unha realidade que Torrente Ballester nos achega neste compendio de artigos que agora leo con agrado.

Namentres escribo están soando as “Doce Cancións de Feredico García Lorca” interpretadas por Paco de Lucía. O mesmo mañá esperto cunha delas machucando no meu maxín. Se fose así, benvida sexa. A ver.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES