Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pois deámoslle forma

lunes, 17 de noviembre de 2014
Recentemente, a xeito de carta aberta ó presidente da Xunta, suxeríalle a posibilidade de que, precisamente na súa condición de presidente do goberno galego, instara ó seu correlixionario presidente do goberno a convocar unha reunión desa mal nacida conferencia de presidentes co fin de que nun foro tan plural socialmente falando fose analizado e se chegase a emitir unha opinión respecto da problemática catalá da que eu, como galego, tamén me sinto partícipe.

E atrevinme a facerlle tal suxestión -dando por suposto que non era, nin moito menos, unha proposta novidosa e que probablemente xa estivera bulindo na súa cabeza ou na de algún asesor- porque eu son dos que creo -e así o teño escrito aquí- que no conxunto dese deficiente deseño organizativo do Estado das Autonomías no que unhas administracións se solapan con outras, algunhas semellan non serviren para nada e outras semellan ter tódalas competencias, un dos estamentos -chamémoslle así- que máis se bota en falta, ou, mellor dito, que eu, dende a miña miopía política, máis boto en falta, é precisamente unha oficialización da Conferencia de Presidentes das Autonomías, a súa dotación de persoal para darlle contido e a definición dun regulamento para darlle contexto no marco da España de futuro que se aveciña como alternativa á "España rota" que prevén os agoreiros.

Din os responsables do PSOE que a alternativa é unha España federal. E son moitas as voces que transitan por aí. Mesmo a miña tamén ten levado por ese mesmo vieiro en máis dunha ocasión a esta mesma columna. Pois ben. Queremos unha España federal? Pois deámoslle forma.

E de qué xeito, preguntarase vostede, dado que dende a oposición xamais -polo de agora- deron un paso máis alá do mero enunciado da proposta?

Evidentemente non vou cometer a ousadía de tratar de solucionar os problemas do país nunha columna, pero sinceramente creo que se algunha eiva é necesario corrixir para reconducir a situación é a de darlle corpo xurídico e funcionalidade operativa á Conferencia de Presidentes co fin de que os problemas -e as solucións- transversais deste Estado tan diverso sexan analizados entre tódalas partes e non de ti a ti entre cada parte e o goberno.

Non estamos de acordo en que hai que reducir o Senado? Pois reduzamos o Senado dunha santa vez e no espazo que quede libre e co persoal excedente deámoslle contido -e ferramentas- á Conferencia de Presidentes -ou como lle queiramos chamar- de forma que, cando Artur Mas desexe defender unha proposta, a defenda con luz e taquígrafos diante do resto dos presidentes e non na "adeguiña" da Moncloa.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES