Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gripe Aviar

lunes, 13 de febrero de 2006
Parece a crónica dunha peste anunciada, que día a día nos van contando co detalle dunha narración preparada para facernos tremer.

Os primeiros casos apareceron no lonxano Oriente. E xa entón se recalcou que era practicamente imposible a transmisión ós seres humanos nunha utilización racional; na utilización ou procedementos que se seguen no noso civilizado Occidente.

Outros casos foron marcando ruta invasora, e agora xa están na Comunidade Europea.

Os casos rexístranse en animais salvaxes que seguen rutas estacionais predeterminadas, e que chegan con ese virus. Séguese a afirmar que o feito está perfectamente controlado e que, no Estado español, detectaríanse animais infectados nun prazo de poucas horas.

As explicacións non parecen abondas. Fan falla máis claras manifestacións e estudios. Fan falla que queden aínda máis claros tódolos factores que poidan incidir na situación sanitaria de España, de Europa e do mundo enteiro.

Hai sicosis sobre unha posible epidemia. Sicosis que, posiblemente, procede da demasiada información sobre algo que preocupa. Demasiada información xeral sen estar apoiada por estudios técnicos, por conclusións definitivas por parte de organismos responsables da sanidade e da información.

Parece ser que, nestes últimos días, o goberno español tomou en serio o problema, e ven de pronunciarse intentando tranquilizar á poboación.

Precisamos que siga esa firmeza, esa claridade, e que se nos convenza de que ningún mal nos amenaza. Previr antes que lamentar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania