Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contradicións

lunes, 17 de noviembre de 2014
Este día lía unha información cuxo titular sinalaba que Podemos desmarcábase dunha marcha contra as bases en Rota. A formación de Pablo Iglesias afronta unha das moitas contradicións coas que se pode topar en diante, a medida que avanza e que se consolida en esferas de poder. Unha cousa é predicar e outra dar trigo, reza con todo sentidiño o refraneiro popular. Unha cousa é dicir que non a todo e disparar contra todo o que se move , cando un non é, é dicir, cando está na oposición ou nin sequera ocupa escano, e outra exercer tarefas de goberno nas que hai que conciliar moi diversos intereses.

En política non debe haber dogmas de fe. Todo é moi relativo. Podemos pronunciouse contra das bases estranxeiras, pero o círculo desa mesma formación de Rota dixo que nones. A razón é ben sinxela: as bases estranxeiras xeran emprego naquel espazo territorial. Claro, humanamente entendible. Por quedarnos máis preto. No tardofranquismo un dos movementos obreiros máis fortes de España radicaba na antiga Empresa Nacional Bazán, que protagonizou numerosas loitas e liderou conquistas sociais e sindicais, pero nunca os partidos e sindicatos uníronse para protestar porque nos estaleiros construíanse barcos de guerra, ben dotados de armamento sofisticado, en teoría para matar.

Nas Pontes sitúase unha das empresas que, polo menos nalgún momento, foi das que máis emisións contaminantes lanzaba ao "ceo". Nunca os partidos e sindicatos alzaron a súa voz para pedir que se clausurase esa industria. A ver, cando, sobre todo nestes momentos, o que está en xogo é o posto de traballo, fala ti cos que están desempregados, pasándoas canutas, se cadra mesmo fame, e dilles que hai que oporse ao asentamento dunha industria que pode ter certos riscos, como case todas teñen, por certo, ou que hai que pechar outras que responden a intereses militares estranxeiros se diso viven numerosas familias da zona.

O asunto é controvertido, para o debate, xurdirán opinións máis ou menos ben argumentadas de distinto signo, pero, como digo, sobre todo agora, coa que está a caer, o posto de traballo é un anceio de millóns de españois.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES