Patriotas de Postal
Cardalda, Theo - jueves, 13 de noviembre de 2014
Desde o Preguntoiro: Patriotas de Postal
Nestes últimos días estamos a ver un desfile de corruptos detidos e imputados que ata dá vertixe; cada día que leo os xornais revólvenseme as tripas ao ver a tanto chourizo levando cru os cartos públicos.
Esta corrupción ten a súa orixe na cultura antidemocrática e oligarca herdada do franquismo e presente hoxe na vida cotián, todo grazas a unha transición que nola venderon modélica, unha farsa onde seguiron os mesmos (os do pandeiro, peita, mantilla e baixo palio eclesial) patriotas de postal.
A millóns de cidadáns o que nos afecta directamente é ese fedor de podredume e a extorsión das arcas públicas, tanto por políticos con responsabilidades institucionais (corruptos), como esa casta empresarial (corruptores) e a perversidade da Banca ao servizo desta tropa do demo. Esta mesma chusma tratan de desviar o tema intentado mesturar todo xenericamente : todos somos corruptos, pois isto pecha unha maldade absoluta que non é a realidade.
Ser honrado considérase unha raza de perdedores, polo contrario amasar fortunas roubando ao erario público é motivo de admiración. En política temos corruptos e desalmados, porén, a política no ten porque ser a corrupción.
A moral da podredume crece alí onde os valores éticos e a conciencia cidadán deixan lugar a comportamentos individualistas onde impera a lei do mercado.
Aqueles grandes pensadores da xeración do 27 (Azorín, Machado, Baroja, Valle-Inclán etc.), sempre preguntáronse: qué era España como ser e como problema. Aínda hoxe no século XXI, o interrogante segue aberto. Ortega e Gasset comentaba nunha das súas grandes citas: ...Lo que nos pasó y nos pasa a los españoles es que no sabemos que nos pasa.... Valle-Inclán falaba dunha España esperpéntica.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora