Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A boca pechada

miércoles, 12 de noviembre de 2014
Os nosos políticos teñen a boca pechada coa longa cremalleira dos partidos e son reféns das súas propias prebendas,por iso, en boca cerrada non entran moscas nin mosquitos, mais si os bos “chourizos” – palabra que por extensión cualifica e substantiva a unha boa parte desta raza-.

Cando vexo aos xornalistas pelexar por unha palabra - que non de amor- da súa boca fechada coma porta da rocha de “Alibabá e os corenta ladróns” na cova dos paraísos fiscais ou noutras espenucas de menor importancia onde quedan os seus tesouros roubados, prodúceme apoplexía.

Como é posíbel, que ás preguntas do pobo representado polos xornalistas, teñan a gala dicir en plasma ou non dicir nada, e en caso de abrir a boca, soltar paráfrases vacuas de contidos alongados en sons de continente pero de morto significado? Xa está ben, se nos representades, esixímosvos que nos digades o que pasa, como representantes que sodes nosos, e non continuedes con esas interrogacións non retóricas nas que a resposta nunca é sabida.

Chego a pensar que sodes un perigo democrático, obviádesnos e mesmo parécenos que deixades sentir un gran desprezo nos vosos rictos de superioridade, nas vosas palabras de aldraxe e menosprezo -cando as dicides-, na vosa indumentaria máis propia da xente que rouba, nas vosas alancadas escapando sempre aos xornalistas . . .

A verdade, como votante, síntome vilipendiado, ninguneado, insignificante e agora xa ausente, en pretérito imperfecto.

Dígollelo de corazón: Aproveiten para irse agora que están a tempo.

O seu sempre afectísimo.
Xosé Otero Canto.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES