Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deputacións

miércoles, 08 de febrero de 2006
Sabemos que cada vez que votamos estamos pronunciándonos por unha determinada opción política que presentará un determinado goberno para rexe-los nosos destinos durante os próximos catro anos.

Esto, tanto se se refire ás eleccións xerais, como ás autonómicas, como ás municipais. Ás europeas, non tanto, porque quedan máis lonxe, está todo máis nivelado (controlado), e o sistema préstase menos ás innovacións radicais.

Nas “nosas” eleccións, ó votar unha opción política, pronunciámonos por unha ideoloxía, por un grupo de persoas e por un sistema.

Poñendo en práctica o sistema, inspirado pola ideoloxía, e en base a un grupo de persoas, todo queda cuestionado: a organización, o funcionamento, as representacións, a regulamentación...

Á actual Xunta correspóndelle, nestes catro anos, unha acción innovadora ou renovadora que caracterice o seu tempo, que a avale de cara ó futuro... O Estatuto será pedra de toque. E, agora, as Deputacións.

Hai un cuarto de século, a Xunta pretendeu suprimi-las Deputacións, ou alomenos controlalas. Pero as Deputacións acabaron controlando, condicionando, a Xunta.

O Conselleiro de Presidencia ven de da-la voz de alarma: Agora, as Deputacións.

Se as catro Deputacións estivesen gobernadas polo Psoe, non habería problemas. Pero teñen a sona -agás a da Coruña- de ser “feudos” do PP.

Imos ter tres anos movidos. Politicamente movidos. Se esto redunda en beneficio para o País, todos conformes. Veremos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES