Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poderán con Podemos?

martes, 11 de noviembre de 2014

Andamos a vivir tempos convulsos onde a arte da política converteuse nun modus vivendi para moitos, onde o latrocinio é praxes habitual por parte dunha caterva de aproveitados e onde a xente comeza a estar descrida e farta dos que prometen e non dan (mais ben quitan). “Prometer e non dar aos tolos ven alegrar”, di o refrán, e isto é praxes común nos partidos que ata o de agora tiveron responsabilidades de goberno. E neste campo abonado pola corrupción a gran escala, roubo de diñeiro de todos a traveso das tarxetas black, apropiación de diñeiro pertencente a cursos de formación...; en fin, polo lixo que fertiliza o espazo da política, polo tremendo que resulta ver a personaxes importantes, que tiveron responsabilidades de goberno, meter man nas arcas públicas e levar os cartos a paraísos fiscais, que sindicalistas estean tamén implicados nestas manobras espurias… por todas estas cousas que deixan o campo abonado de feces, resulta que agroma un partido como Podemos que ilusiona a moita xente, ata o punto de que os partidos chamados tradicionais entraron nun pavor non disimulado que os está a traer polar rúa da amargura, eses mesmos partidos que dicían que esta xente indignada o que tiña que facer era deixarse de acampadas, de manifestacións, de cantos de serea e formar un partido para loitar dende dentro, dende o Parlamento. Pois miren por onde, formaron partido e vexan onde están arestora. E como lles meten medo andan agora demonizandoo, en campaña de desprestixio dicindo, entre outras cousas, que son populistas, e populistas, segundo definición académica, son aqueles que actúan na procura do agrado do pobo baixo a aparencia de defender os seus intereses. Se atendemos a esta definición, todos son populistas. O PP non cumpriu nin unha das súas propostas, así que, populistas tamén.
Din que Podemos non poderá cumprir co que predica, e o manifestan precisamente os que non cumpriron, os que prometeron e non deron. Cre o ladrón que todos son da súa condición. Eu non sei se Podemos cumprirá o que di que fará ou pasará a ser “casta”. Pero si sei, e vostedes tamén, que o que temos arestora na rexencia non é nada alentador a non ser que haxa unha profunda renovación fundamentalmente no PP e no PSOE, cousa que semella non se vai producir. Nestes intres os sumidoiros emiten un recendo a podre que tira cara atrás e ás cloacas hai que limpalas, non basta con tapalas e a ver que pasa. Dende fora, como curioso que son, e coma cidadán de a pe, teño certas dúbidas sobre Podemos e unha das que me preocupa é a posible escapada cara atrás do líder Pablo Iglesias no caso de que non gane as eleccións (segundo el mesmo manifestou a certos medios). O unha de dúas: ou o comentario xa forma parte da campaña electoral para que a xente vexa que se sente gañador, ou fáltalle paciencia para acadar os seus obxectivos, premisa esta fundamental nun político que se prece e que aspire a gobernar. Nun tipo listo, e este o é, e difícil crer isto. Pero a realidade é evidente e en puridade atopámonos diante dun proceso electoral verdadeiramente atractivo polo que trae consigo e por ver se a cidadanía impón un duro castigo ás praxes espurias dun goberno entregado en corpo e alma aos mercados e en dar habelencias aos amigos en detrimento dos intereses da maioría, converténdose en secuestradores da democracia, pois democracia é, entre outras cousas, salvagardar o que é de todos e estes o están dilapidando (sanidade, educación…) Falar de apocalipses, meter medo, non é poder con Podemos. O caso é que a pelota xa está no tellado. Agora a ver de que lado cae.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania