Coma toupas
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 10 de noviembre de 2014
Non atoparte á primeira hora da mañá cos correspondentes xornais aos que lles podes botar unha ollada é como camiñar ás escuras por un carreiro cheo de lama, cheo de bulleiro. É coma sentir a alma completamente núa.
A algúns véncenos a ansiedade de querer saber, de querer coñecer todo aquilo que se move polo mundo. E cando non sabemos, cando non coñecemos somos coma toupas que furgamos por entre as tebras do descoñecemento. E sufrimos. E non apartamos a ollada da estrada ou da rúa na busca do repartidor que non chega. Tan só nos queda o consolo de saborear o café se nos atopamos nunha cafetaría ou de facer algunha outra cousa de utilidade se estamos na casa. Pero a cabeza está nesas novas que queremos coñecer ao momento, pero que non chegan.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora