Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do urbanismo

Fernández, Suso - lunes, 10 de noviembre de 2014
30 países de catro Continentes celebraron o pasado día 8, o declarado pola ONU “Día Mundial do Urbanismo”, creado en 1949. O diccionario da R.A.E. define o Urbanismo como “conxunto de coñecementos referidos ó estudo e progreso dos pobos en orde ás necesidades da vida urbana”.

O diseño das cidades e vilas nas que impere a racionalidade, o respeto ó medio natural e á harmonía cós elementos culturais, históricos e paisaxísticos, contribúen en boa medida ó benestar; son garantes dunha vida mellor.

No informe da Sociedade de Urbanistas de certo país, pode lerse: “...tamén é cuestionable que as autoridades municipais e rexionais se entregaran ó albedrío de construir ou remodelar espacios urbáns que, con razón, xeneran as protestas dos cidadáns; eso sen considerar os indicios de corrupción…”. É sabida a trascendencia que para a sociedade ten o urbanismo, que debe concebirse para disfrute dos bens naturais, que son de todos, e que polo mesmo convértense en presa codiciada por unha actividade económico/política que nos últimos 20 anos acadou niveis de escándalo.

Os focegos temos entre mans un tema que esixe unha reflexión serena e racional ; xenerosa, con visión de futuro, dende o maior respecto posible ó medioambiente, evitando ó máximo as agresións ós sentidos: vista, oído, olfato... Daí a pregunta, ¿cal será o futuro da depuradora? Acaba de celebrarse a que debería ser xornada de reflexión sobre asunto tan importante, e que pasou inadvertida, precisamente nunha bisbarra na que a conflictividade urbanística e o “feísmo” acadan niveis de liderazgo. Sería bó que o Día Mundial do Urbanismo marcara un paso adiante e nalgunha medida iluminara as mentes dos que teñen a responsabilidade de decidir.

A insultante, por cheirenta, experiencia vivida pola veciñanza, dende hai unha ducia de anos da súa ubicación en augas da ría, nun alarde de barbarie ecoloxista, que contou co beneplácito e a defensa apoloxística dos manilladores do concello, desditadamente é susceptible de repetirse...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES