Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cabreiros, manancial da sabedoría do pobo

viernes, 07 de noviembre de 2014
Cando imos cumprir, o vindeiro 25, os 25 anos da data prodixiosa do noso cine: a estrea de “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro, a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm, Cabreiros convídanos a “II Invernada do Cine”.

Mesmo este filme desenvolvese en catro partes que corresponden ás catro estacións, e o inverno alongase na vellez, un dos eixes desta iniciativa da Asociación de Veciños de Cabreiros. A setima arte urxe estas actividades pois está a vivir momentos baixos co peche de locais de proxección, emporiso é un galano a visualización destas mostras cinematográficas, algunha xa un clásico.

Na liña de incidir nas angueiras do colectivo están a proxectar filmes cos que afondar na vellez, a perda e o dó, a memoria… Son a representación viva do dialogo interxeracional entre os distintos sectores da poboación cun grande aprezo pola sabedoría que achegan cada día as e os máis vellos, verdadeiros libros abertos cos que enchouparse do noso bo facer coma pobo. Unha dinámica que abrolla nunha creatividade comunal que non esmorece nas outras estacións do ano co auspicio da Nova Escola Galega que valora a aprendizaxe e empatía cos maiores, coma un dos eidos máis fecundos da socialización e partillamento da convivencia.

Este movemento pedagóxico acredita dende Cabreiros que rematamos a peregrinaxe, sempre aprendendo cousas novas tamén da rapazada, porque “A vida comenza hoxe”, o título da primeira sesión, transmite a sensación de que cada día gurgulla sorpresas que nos renovan e nos axudan a soñar, porque non hai crebas cando somos capaces de facer camiño sen diferencia de idades.

Esta simbiose afectiva entre as xeracións é o mellor leito para incrementar a saúde da veciñanza, inzando en autoestima persoal e colectiva, na loita contra os efectos da despoboación e a desmemoria…

Cabreiros é a mostra de que para ser mestres non abonda co título, que compre esta sensibilidade de sentirse xestores do patrimonio material e inmaterial do que os veciñ@s desta parroquia se sinten herdeiros e comunicadores, emporiso nas nosas xeiras con eles fomos aprendendo xogos populares, os aproveitamentos tradicionais dos recursos da nosa cultura labrega ou a conservación da paisaxe.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES