Este ano 2014, e dentro das múltiples actividades programadas pola Asociación Cultural Xermolos para honrar a Díaz Castro, non podía faltar algunha iniciativa poética, unha publicación na que a poesía fora a protagonista, e que esa poesía ademáis, fora da autoría dun parroquiano do Pepe de Vilariño.

Si algo se puidera desexar despois das numerosas homenaxes e iniciativas adicadas a Xosé María Díaz Castro, algo máis que ofrecerlle, sería poesía e poesía feita desde a súa parroquia e por un paisano. E aquí está.
E sairá á luz un poemario producido pola entidade que dirixe Alfonso Torrado do que é autor o mozo Xacobe Sánchez Quintela, das Reixas, e que leva por título DELTA.
DELTA, supón ademáis do simbolismo deste ano 2014 a importancia de ser o eslabón da continuidade e da importancia da poesía nesta comarca e nesta pequena parroquia que este ano foi o centro do mundo literario.
"Ler e escribir
saborear o exquisito padal dos mortos!
escanciar a dor dos vivos;
así, coma unha cría de paxaro que agarda no niño,
bebín da túa boca Omar Khhayam!
Así, a modiño, con cautela,
deixo caer chorro a chorro, case en silencio, sen que se derrame. Este verso".
E así, sen contar, agroma nova poesía vilarega nesta terra que ademáis de froitos da ao mundo sensibilidade literaria sin fin.
"Un cadro nun salón:
verdes, azuis, a miña casa de campo.
Aquelas follas pousándose discretamente nun recuncho
dese camiño que, como arterias penetrando,
alimenta este corazón aínda por gastar.
Unha fiestra nun salón
Abrirase coa corrente desapegando a páxina que conduce á terra onde os
paraísos se xuntan
e os soños se fan un".
Dos poemas que o propio autor me ten adiantado e dos cais vedes a mostra de dous, a Terra ten unha grande importancia, prendada de sensacións, de formas diluídas en tempos e lugares, e nalgún deles o mar, a natureza e o pensamento misturados co sentir nunha nebulosa que separadamente conforman a DELTA.
Estes pequenos retazos de DELTA deixan entrever a beleza do poemario de Xacobe, o novo poeta que ven, e que agardamos coa ansia desa froita nova presta a madurar para ser degustada.
Xacobe, Jaki para os amigos e veciños, ten xa por adiantado todo o orgullo é a honra da súa parroquia e o seu.concello, que non é pouco a desde aquí un lugar no tallo a carón de Pepe na porta da casa do Vilariño.
Que máis se pode pedir, temos referentes, hai presente e polo tanto, tamén hai futuro nesta terra que xermola poesía. Os Vilares.