Lembranzas dunha vida (33)
Rodríguez Cabanas, M. Francisca - miércoles, 05 de noviembre de 2014
Unha mensaxe para as traballadoras domésticas
Son mulleres que a penas se fala delas. Poucas teñen seguridade social. Antes, case as trataban don desprezo, pois os señoritos tíñanas como sirvientas, asistentas, criadas, xente sen nome propio. Agora, algo vai cambiando, pero aínda o goberno non se acorda delas. Cantas traballaron duro toda a vida e, ao final, non teñen pensión. Van de casa en casa coidando anciáns, nenos, facendo limpeza, pasando o ferro. Son unhas artistas. Non terán títulos universitarios, pero dan un exemplo co seu facer diario. Aportan axuda para que os fillos poidan estudar, para que a economía familiar vaia mellor. Logo, a ese chámanlle diñeiro negro. Negro de suor. Iso no ven os ricos.
Son moi vella, setenta e cinco anos. Cando vexo a esa xente traballar, penso que lles debían facer un monumento.
Tamén debiamos ensinarlles aos nenos a querer á xente, que tanto traballa para saír adiante, aínda que non estea tan fina nin tan brillante. No medio da maioría, hai unha gran humanidade.
Con cariño, a todas esas traballadoras, que valen moito.

Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora