Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na palleira

miércoles, 05 de noviembre de 2014
Houbo preocupación nos últimos anos de bonanza de construir infraestructuras culturais nas cidades e pobos, grandes e pequenos, para fomentar as actividades de todo tipo, construíndo lugares para a súa celebración. E a mellor proba témola en Vilalba co magnífico Auditorio, que chegou no mellor momento posible, e que hoxe non sería viable pola problemática económica que incide en todo o que nos rodea.

Se ese tema está solucionado na capital da provincia, ou vai estalo co Auditorio que se está construíndo; en Vilalba, co auditorio e a Casa da Cultura; e en outros pobos con casas da cultura á medida das necesidades, sempre se pensou que a escala parroquial non había máis locales que os das vellas escolas hoxe abandoadas, nas que os veciños podían facer actividades, e as mesmas igrexas onde se podían facer concertos, preferentemente de música clásica.

Pois hai días descubrimos que tamén se pode convertir unha palleira nun magnífico local para a celebración de calquera acto. Eu xa tiña esa evidencia porque hai ben anos pronunciei en Pambre, de Palas de Rei, nunha palleira, o pregón dos vintecinco anos do seu centro cultural, que segue a presidir o vital nonaxenario Enrique Guitar Costa, e o marco resultou perfecto.

Agora, no Vilariño dos Vilares, de Guitiriz, nunha palleira situada fronte da casa onde naceu Díaz Castro, celebramos un acto que organizou a Deputación Provincial, onde se presentou o libro “Fulguración e silencio” de Xavier Rodríguez Barrio, actuaron os rapaces do grupo “A lus do mundo”, do Instituto de Guitiriz; homenaxeouse a Ramón Villar como artesán de honra da provincia, e descubriuse un monumento a Díaz Castro, obra deste escultor chairego.

A fermosa palleira, restaurada, de pedra granítica rexuntada, deu cabida a máis de medio cento de persoas que participamos no acto, gratamente sorprendidos pola excelencia do marco escollido, e tengo a seguridade de que Díaz Castro nunca tal pensou pero estaría ben contento de poder participar nun acto así.

A palleira do Vilariño habería que incluíla no catálogo de lugares xeitosos para a celebración de calquera acontecemento cultural e social. E coma ela, moitas máis.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES