Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outras alternativas posibles

jueves, 06 de noviembre de 2014
Máis ou menos, todos sabemos que estamos na era do que demos en chamar: novas tecnoloxías.
Máis ou menos todos estamos relacionadas con elas, dun ou doutro xeito.
E todos sabemos que a inmensa maioría da xuventude fai uso habitual delas e cada día máis persoas maiores, incluso sei de anciáns que se defenden moi ben.

E tamén sabemos que a infancia en idade escolar fai uso delas nos propios colexios e institutos. Dun xeito ou doutro todos estamos na “nube”.
Todos estamos na “NUBE” que non é o mesmo que estar nas nubes.

O que non sabemos tan certo é o uso persoal, a nivel individual, que fai a infancia delas; especialmente do móbil.

Os medios de comunicación de masas infórmannos que os nenos de hoxe en día dedican un mínimo de dúas horas diarias ó móbil.
Loxicamente esas dúas horas non as dedican para falar cos seus proxenitores, nin para avisar dos deberes escolares a un compañeiro ou compañeira que faltou á clase.

Practicamente a totalidade do tempo adícano a chatear sobre temas diversos e moitas veces banais –cando non ofensivos- ben con coñecidos, ben con amigos e incluso con descoñecidos.

Moitas veces falan de cousas propias da idade e outras incluso fan mal uso desta ferramenta. Non é nada raro enterarse de que hai casos nos que reciben acoso de todo tipo ou que gastan en móbil o que debían gastar en material escolar.

É tal a adicción que se dan casos de falar co móbil incluso dentro do propio fogar cos membros da propia familia.

Tampouco é nada extraño ver un grupo de rapacería engachados ó móvil cando están en pandilla, considerando o móbil como instrumento de comunicación cando o que deberían é falar de ti a ti, é dicir, persoalmente como fixemos toda a vida. Mirándose ós ollos e escoitándose mutuamente.

Dá a impresión que a vida está centrada nese aparello como se non existirán outras alternativas posibles.

Ben, pois eu quixera recordar que existen outras alternativas para entreterse e pasalo ben en familia ou cos amigos, deixando o móbil para os usos que lle son propios.

Os que fomos nenos noutros tempos tamén o pasábamos ben facendo outras cousas que seguen en vixencia, tales como:
-XOGOS DE MESA: oca, parchís, damas, xadrez, cartas…
-XOGOS Ó AIRE LIBRE: á pilla, á roda, a un dos tres, á mariola, á corda, nunha randeeira cunha corda colgada na póla dunha árbore, coas canicas, xogos creativos que desenrolan a imaxinación…
-OUTROS XOGOS NO FOGAR: ás casas, a vexo, vexo; a tres en raia, ó xogo dos barcos, a xogos de maxia, a pintar e debuxar, a facer algo de bricolaxe, traballos manuais, puzles, construcións, completar nomes, etc, etc.
-RECEITAS DE COCIÑA: moitos nenos e nenas disfrutan facendo aquelas receitas que facía a avoa cando era nena: pratos sencillos feitos con amor.
-GANCHO, COSTURA, CALCETA…Hai nenos e nenas que teñen mans de artista e farían maravillas cun gancho, una agulla e unha dedeira ou collendo unhas agullas de calcetar.

Estas cousiñas e moitas outras que vostede sabe mellor ca min, tamén existen e os nosos nenos seguen disfrutando delas como nos pasaba a nós cando eramos como eles.

¿Qué problema teñen este tipo de actividades alternativas?
A min paréceme que o problema está en que hai que dedicarlles tempo e andamos escasos del. A veces andamos escasos e outras preferimos adicalo a outras cousas.
¿Certo?

Agora permítame que faga outras preguntiñas:
¿Non é de suma importancia a educación da infancia?
¿Non son eles os que construirán o noso futuro?
¿Non é máis aconsellable que estean na nosa compañía e baixo o noso control que nas mans do mundo?
¿Non hai tempo para todo e para todos?
¿Non é algo moi importante a educación en valores no propio fogar a través do xogo?
Óese falar de que se perderon os valores. Que agora o mundo é doutra maneira, que a xente nova é diferente, que non hai quen a entenda…etc, etc.
Certamente: o mundo de agora é doutra maneira porque a vida está en constante cambio.

Se cambiamos para ben, evolucionamos e se cambiamos para mal, involucionamos.

A xente nova non é diferente ós que peiteamos canas.
Son persoas como os adultos e os anciáns.
Os que facemos a vida diferente somos en boa medida os maiores que por non enfrontarnos á realidade, deixamos á xente nova en mans de máquinas como son: xogos, televisión, internet, móbil, etc porque nos resulta máis doado.

Tampouco é certo que non hai quen a entenda.
¿Como a imos entender se nos distanciamos dela?
Andando o tempo non é nada raro que nos encontremos co que non queremos e que nos botemos as mans á cabeza cando xa sexa demasiado tarde.

A infancia de hoxe en día precisa máis que nunca do apoio dos maiores porque a sociedade de consumo bombardéaa por todas partes.

Aparentemente parece que teñen de todo, pero están baleiros por dentro porque non hai ningunha máquina por moi boa que sexa, que sustitúa ó ser humano e con máis razón ós membros da familia e ás amistades.

Cómpre urxentemente que a familia se conciencie de que existen outras alternativas mellores para os nosos nenos e que con elas podemos facerlles a vida máis feliz ó mesmo tempo que nós estamos colaborando para que constrúan un futuro mellor para todos.

Por eso quero titular o seguinte artigo: MÁIS CALIDADE E MENOS CANTIDADE.

Agradezo que tivera a ben dedicar uns momentos do seu preciado tempo para ler o que acabo de escribir.
Eu sempre loitei e seguirei loitando polo mellor para os nenos, porque son sen lugar da dúbidas: o melloriño que temos.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES