Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os voitres do Ibex 35

miércoles, 05 de noviembre de 2014
Desde o Preguntoiro: Os voitres do Ibex 35


Estes días botaron a lingua a pastar os xerifaltes do “Consejo Empresarial para la Competitividad (CEC)”, así é como lle chaman os empresarios do IBEX 35 (Telefónica, BBVA, Acciona, Endesa etc...). Falaron de medidas económicas e de loita contra o fraude laboral.

Manda carallo na Habana con estes voitres que falan de “fraude”, xa non só ladran os cans da Reforma Laboral, agora tamén comezan a ladrar os donos dos cans. Estes xamais emprenderon un negocio na súa vida, o digo por tratar de lembrar a quen foron adxudicadas as grandes empresas estatais nos gobernos de Felipe e Aznar, só é ollar as hemerotecas e sabemos quen son estes escachapiollos das finanzas.

Estes sempre igual, quérennos engaiolar, non pagan impostos e por riba o levan cru para paraísos fiscais e queren ter un exército de escravos e farrapos, levan as axudas do estado, teñen máis beneficios que nunca a costa de empobrecer á cidadanía, son como ratas faltas de empatía, cunhas arelas de cobiza para encher o bandullo e teñen a cara dura de acusar de fraude laboral aos traballadores. Os únicos que pagan os impostos nesta Españistán son: os traballadores e a pequena e mediana empresa. Falan que poden crear tropecentos millóns de postos de traballo, xusto agora que veñen as eleccións, estanlle a ver os dentes ao lobo e teñen medo de perder aos seus servos políticos.

Non sei se moitos están decatados que neste país dos despropósitos, non hai empresarios, só corruptores en connivencia cos políticos corruptos. Se queremos que este país funcione, temos que eliminar das institucións aos ladróns de luva branca que son niño de corrupción e de roubo continuo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES