Elexía ó meu cuñado Quico
Timiraos, Ricardo - viernes, 31 de octubre de 2014
In Memoriam
Voaches coa tristura das follas do outono.
E a maldita gadaña arranchou do meu corazón
Ise zume doce, tenro,xeneroso
Con sabor a pan e auga limpa.
E o meu corpo é unha árbore desgazada,
E o meu cerne apodrecido está valeiro
Na espera do consolo da túa ausencia.
Xa as raíces están fofas, sen forzas,
E as noces caen sen pudor entre as follas secas.
O Landro en silenzo vai pregando
Cós saloucos as pregarias dos vivos.
Nise Verxel de risas e de prantos
As estrelas acurrucante no niño.
E no espello craro dos teus soños
Isa Lúa que luma cada noite
Falará de amor sempre conmigo.
Na praia a olas veñen e van
Co fatídico tic tac do tempo
Tratando de borrar o teu nome na memoria.
Mais ilas non saben que o Sol non fenece,
Nin tampouco que un neno tamén chora.
O mar é longo, ancho e profundo,
Pero máis pequeno que ista fonte que mana dos meus ollos
Modelando as arrugas da door na procura do pozo
xa valeiro.
Sinto ao sal que condimenta á esperanza,
E o sorriso que florece entre as rosas dun Cristo desvalido.
Sinto o teu nome con sabor de home humilde,
De fiel amigo e sempre compañeiro,
De lazarillo nas tebras da soedade
E oeo o eco da túa voz n miña vid
¿Cecais iste door, que non sei onde se esconde,
E sei que me domina, deixándome inerme,
Sen ialma e farto de fatiga, non é cecais morrer
De iso que chaman ansiedade ou pena,
Cansado e roto pola ferida?
E Alá, onde chaman ceo,
E din que comenza unha nova vida,
No cáliz do teu amor, amigo meu,
Garda un furadiño para istas follas secas,
Murchas polo amor e rotas pola vida.
Viveiro, 24 de Outono, 2014.

Timiraos, Ricardo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora